Continuando coa programación de "Luz ao deporte" grazas á invitación da Fundación Breogán, seguimos a iluminar camiños de inspiración e aprendizaxe.
Hoxe, tócanos gozar da presenza dos triatletas Jarno Pousada e Antonio Serrat, quen compartirán con nós a súa experiencia e visión do deporte como ferramenta de superación e crecemento persoal.
Despois de asistir á interesantísima entrevista dos dous triatletas, aproveitamos a mañá solleira de volta ao colexio. Fixemos unha parada musical inesperada... E, xa que foi unha xornada moi positiva de convivencia en grupo, que mellor xeito de rematala que cun anaquiño de tempo libre!