07/02/2022

ESCALA: SUÍZA - HUNGRÍA - ALEMAÑA - PAISES BAIXOS

Levamos xa percorridas non poucas capitais europeas, pero seguimos con gañas de coñecer Europa. Fixádevos no mapa a traxectoria que levamos percorrida. Non está nada mal,verdade?


 

Estes días, viaxamos a Suiza, dende alí marchamos cara Hungría. De Hungría, fomos a Alemaña e rematamos en Países Baixos. Todos estes países pertencen á Unión Europea.


Primeiro chegou a embaixadora de Suiza, país que se mantén neutral nos conflitos armados. 
É o pais non apto para lambóns, pois fabrica os chocolates máis ricos de toda Europa, e, onde  se creou a famosa serie de debuxos: Heidi.

Por certo, sabedes que en Suiza, si queres ter unha mascota, non podes? ...Debes ter dúas!!

Queredes saber máis sobre Suiza?


Dende Suiza, marchamos cara Hungría. 
O seu embaixador, lembrounos que foi en Hungría  onde se ideou o famoso "Cubo de Rubik" e que a cova de estalatitas máis grande de Europa está neste país.


Hungría non usa o euro como moeda oficial , senón que utiliza o "forinto húngaro". (se non tés a moeda oficial, mellor que pagues con tarxeta, pero ...ten coidado coas comisións!


Aquí tedes toda o información que nos deixou o seu embaixador.


De Hungría, voamos a Alemaña, pais de Albert Einstein e de Beethoven. Sabíades que 1/3 do territorio deste país, está cuberto por bosques?

Sabedes que de Alemaña proceden moitos dos coches que circulan polo noso país? 


O embaixador de Alemaña deixouno todo este material!


A derradeira etapa desta viaxe foi nos Países Baixos, que reciben o nome de "Baixos" porque unha grande parte deste territorio atópase ao nivel do mar, ou incluso por debaixo deste.


O seu embaixador, descubriunos os campos tan fermosos de tulipáns e muiños que podemos atopar neste país. Por suposto, invitounos a coñecer e admirar o Museo de Van Gogh, e, mostrounos, entre moitas cousas máis, as sorprendentes casas en forma de cubo.

QUE DE COUSAS ESTAMOS A APRENDER!!
XENIAL RAPACES!!

01/02/2022

SEGUIMOS A VIAXAR!

Seguimos a viaxar polo mundo: do Reino Unido a Bélxica, de Bélxica a Finlandia , e, de Finladia a Rusia. Está a ser unha semana moi aproveitada!

O embaixador de REINO UNIDO contounos, entre moitas cousas máis,  que O Reino Unido non forma parte da UE dende o 2020 e  nos deixou escoitar a canción "God save the Queen", creación do músico Brian May, que é utilizada a modo de himno nacional; e moitas cousas máis!


 Queredes saber máis cousas sobre O Reino Unido?
👇


Cargada de moita información chegou a embaixadora de BÉLXICA
Ademáis do rico que son os  chocolates belgas, contounos, entre moitísimas cousas máis,  que,  Bélxica é o país que máis creadores de tebeos , entre eles, o pai do famoso Tintin,  Etterbeeck Georges Remi, máis coñecido como Hergé, e que está considerado o "pai do cómic europeo".


Mirade canto aprendimos sobre Bélxica!
👇


 De Bélxica, fomos cara FINLANDIA.
Grazas a súa embaixadora, durante uns segundos, puidemos  imaxinar estar nun iglú de cristal disfrutando da visión dunha aurora boreal. Que fermosura!


Deixounos material que podedes ver, no seguinte enlace:
👇

E, ademáis, podedes visionar o video que nos trouxo. Seguro que vos gustará velo de novo!


Dende Finlandia, voamos cara RUSIA!
Rusia, un país do que todo o mundo está falar neste momento! 
O seu embaixador, presentounos aspectos moi interesantes deste país:
Lembramos a Yuri Gagain, o primeiro home en viaxar ao espacio exterior, e, achegounos á plaza máis fermosa de Moscú: "A Plaza Roja" ... Emocionante!


Mirade con atención toda a información que nos trouxo!
👇

Canto máis viaxamos, máis gañas temos de seguir a coñecer novos países! Está a ser unha viaxe incrible!! Estádelo facendo moi, moi "requeteben"!! 
PARABÉNS RAPACES!! 
👏👏👏👏

Próximo destino???

27/01/2022

DÍA DA PAZ 2022

 Un ano máis conmemoramos no noso colexio o 

DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Este ano, dirixímonos cara a poesía e decidimos elaborar entre todo o grupo, un poema adicado á PAZ.

Agardamos que vos guste! Desfrutade del!

Parabéns Rapaces!!
Queredes saber máis sobre a orixe, persoas que traballaron pola paz ao longo da nosa historia, o verdadeiro significado dos símbolos da paz e moitas cousas máis? 
Pasade un bo rato!

QUE OS MUROS QUE LEVANTEMOS, SEXAN MUROS  DE BOS CORAZÓNS!



TOUR A ISLANDIA

Seguimos a recibir a novos embaixadores na nosa aula. Hoxe tivemos a sorte de contar coa presencia da embaixadora de Islandia. Chegou ben abrigadiña, pois neste país vai moito, moito frío!


BENVIDA!!!! 

Sabíades que este país é un dos países  máis seguros do mundo, e, que nel, non hai formigas, e, nin un restaurante de comida rápida?

Queredes coñecer moitas máis curiosidades sobre este país?

MOI BO TRABALLO!! ...PARABÉNS!! 😊

Cal será o próximo destino??? 

24/01/2022

EUROTOUR 2022

Hoxe chegaron á nosa clase dous "embaixadores europeos" que nos trouxeron moitísima e moi interesante información sobre os seus países.


O embaixador de Suecia, deixounos este marabilloso video sobre o seu país. Agardamos que o disfrutedes tanto coma nós.

Dende Suecia, viaxamos a Ucraína, onde, o embaixador deste país, deunos a benvida e presentounos aspectos interesantísimos do seu país. 

Sabíades que en Ucraína hai unha rexión que se chama "Galitzia"? ( o nome seméllase moito ao nome da nosa comunidade)

Se queredes saber máis sobre Ucraína, clickade na bandeira do país

PARABÉNS RAPACES!!

avion-imagen-animada-0119

SEGUIMOS A COÑECER MUNDO!


21/01/2022

KAHOOT: CAPITAIS DE EUROPA I

Deixovos o kahoot das 25 primeiras capitais de Europa para que podades practicar.

 Adiante!

Click no mapa de Europa:


  



17/01/2022

OS CINCO REINOS DOS SERES VIVOS

Lembremos como se clasifican os seres vivos e cuales son as súas características principais. 

Seguide con atención a seguinte presentación




14/01/2022

ATA SEMPRE, MARTINA!

Na vida, moitas veces, temos que tomar decisións que nos custan moito. Pero, sempre debería ser  pensando  na mellora e no avance de cadaquén. 

Hoxe, tivemos unha mañá moi morriñenta na clase, pois tocou dicir, con todo o noso cariño, ATA PRONTO! á nosa compañeira Martina, pois marcha a vivir a outro país.

Todos os que formamos o grupo de 6ºA (alumnos e mestres)  estamos seguros de que non nos imos esquecer da nosa amiga. 

Desexámosche a mellor sorte do mundo na nova etapa que vas emprender! 

Moito ánimo e sorte, Martina!




Cool Red Outer Glow Pointer