12/05/2023
CONCERTO CANTANDO O ARDE LUCUS
11/05/2023
LOS POLÍGONOS
Los polígonos son figuras planas formadas por una línea poligonal cerrada y su interior, cuyos elementos son:
Recordamos más aspectos sobre los polígonos:
04/05/2023
VISITA DO ESCRITOR E ILUSTRADOR ANXO FARIÑA
Hoxe, tivemos a sorte de ter na nosa aula, ao escritor, ilustrador e Director de Arte, Anxo Fariña. Coñecedores da súa última publicación, "Os Megatoxos e o aprendiz de druída", falounos dos seus personaxes: Faísca, Ruxe, Ninfa e Lúa, así como, das técnicas artísticas que utiliza no deseño das súas ilustracións.
Contounos a través das súas ilustracións, a relación de "amizade" que poden ter un lapis, unha goma e un sacapuntas, e cousas tan curiosas de porque sempre leva unha libreta na súa mochila, ou porque é tan aficionado aos reloxos.
27/04/2023
HORTO ESCOLAR
O noso cole, participa dende o Departamento de Pedagoxía Terapéutica, no "Proxecto Ecohortas", a través do cal, ademáis de poder adquirir moitos coñecementos sobre agroecoloxía, planificación e deseño da horta, alimentación, e un montón de cousas máis, axúdanos a adquirir importantes habilidades persoais e de grupo.
Hoxe, a profe Lucía, invitounos a achegarnos ao horto. Xunto con Lucía e Tamara (da agrupación "Amigos da Terra"), puidemos recoñecer diferentes plantas e as súas propiedades beneficiosas para a nosa saúde, ulimos própolis, algúns compañeir@s masticaron a rúcula, arrincamos ravos, vimos os primeiros amorodos (mágoa que aínda non se lles poda botar o dente), botamos cinza, regamos a horta ... e, plantamos as lentellas de Mara!
Foi unha visita curta que nos soubo a moi pouco! Moitas grazas Lucía por convidarnos, e... agardamos ansiosamente a túa chamada! 😉
Mirade o ben que nos foi!
25/04/2023
EXPERIMENTO: VOLUME E FLOTACIÓN
O volume é o espazo que ocupa un corpo. O LITRO é a medida de volume.
A flotación é unha propiedade dos corpos que nos indica a capacidade de manterse enriba dun líquido.
Para calcular o volume, precisamos:
16/04/2023
DÍA DO LIBRO 2023
A idea foi do escritor Vicente Clavel Andrés, quen propuxo a idea de establecer un "Día oficial do libro" á Cámara Oficial do Libro de Barcelona, e o día 7 de outubro quedou marcado como a Festa do Libro Español. Aínda así, ao cabo dos anos, empezouse a cuestionar se esta data era realmente o nacemento de Cervantes. E por esta razón (e tamén porque parecía máis práctico facer unha celebración ao aire libre nunha época de máis calor) en 1930, decidiuse mover o Día do Libro ao 23 de abril.
Trátase dun día simbólico para a literatura mundial, xa que ese día, pero en 1616, finaron tres importantes escritores da literatura universal: Miguel de Cervantes, Garcilaso de la Vega e Shakespeare.
Cervantes, en realidade, morreu o 22, pero foi soterrado o 23, e en canto a Shakespeare, ese 23 de abril, corresponde ao calendario xuliano, vixente aínda na Inglaterra isabelina.
Queres coñecer un pouco máis sobre Miguel de Cervantes e o seu "Ingenioso Hidalgo Caballero Don Quijote de la Mancha"? ... Adiante!
Nunha biblioteca podes vivir multitudes de aventuras. Apetéceche dar unha volta por unha biblioteca máxica?
Non perdas tempo, e axuda a atopar os libros perdidos!
31/03/2023
DÍA MUNDIAL DO AUTISMO 2023
VISITA Á VILA DE MEIRA
O pasado martes, realizamos unha saída á vila de Meira para visitar o nacemento do noso río Miño, e poder coñecer parte da historia tan emocionante desta fermosa terra.
Acompañounos en todo momento, Yoani, encargada da Oficina de Turismo de Meira. Con ela, puidemos descubrir a interesante lenda da "Meiga Irimia"; explicounos a orixe do Mosteiro da orde Cisterciense que daría paso á Facultade de Filosofía e despois a hospital militar, axudounos a atopar os animais que hai nos ferraxes orixinais das portas da igrexa, e moitísimas cousas máis, que sen dúbida, despertaron a nosa curiosidade.
Agradecémoslle enormemente a súa desinteresada colaboración, e, por suposto, o bo trato recibido en todo momento. Que marabilla poder contar coa súa presenza durante esta visita!
Por suposto, tivemos tempo de lecer! e, xa de volta, paramos na Lagoa de Fonmiñá , onde o Miño aínda é un raparigo e, paseniñamente, converterase no río galego con maior sabedoría.
Ah, e tamén lucíu o sol toda a mañá! ... 😉



.png)
.png)


.png)


.png)


.png)




