Para coñecer como se moven as nosas mans e achegarnos aos osos que hai no seu interior, estes días construímos na clase, unha man robótica.
Estes son os materiais que utilizamos:
Para coñecer como se moven as nosas mans e achegarnos aos osos que hai no seu interior, estes días construímos na clase, unha man robótica.
Estes son os materiais que utilizamos:
Hoxe recibimos unha moi grata visita na aula de 6ºA!
Varios alumn@s de 2º da ESO, do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, entre eles, antigo alumnado do noso centro, acompañados da súa profesora de Lingua Galega e titora, Ana Rouco, compartiron connosco unha agradable velada na que nos falaron do proxecto de irmandamento que están a desenvolver con outro IES das Pontes de García Rodríguez.
Animáronnos a ler e deleitáronnos coa lectura do libro no que os Bolechas corren moitas aventuras nesta localidade.
Estivemos encantados coa visita, e, agardamos cos brazos abertos a seguinte .
Biosbardos, Meigas chuchonas, Sacauntos, Diaños Bulreiros, Cachanos, Busgosos, Chuchasangues, Papóns, Urcos... e outros máis, son personaxes tradicionais do Samaín que coñecimos estes días.
Descubramos pois, cal foi a poción empregada para a creación da nosa "LINGUA GUAPA"...
E así de ben o pasamos!
As illas máis importantes do territorio español están en dous arquipélagos: o de Baleares e o de Canarias.
ILLAS BALEARES
Están situadas ao leste da península, no Mar Mediterráneo.
O curso pasado, a nosa Sara levou para casa unhas sementes de millo, que lle dera a profe Lucía, encargada do proxecto Ecohortas , coa intención de plantalas. Hoxe, sorprendeunos coas mazarocas tan boas que recolleu, froito dalquelas diminutas sementes.
Éche ben certo, aquilo de que "Quen sembra cariño, recolle gratitude".
Parabéns, Sara!!
Repasamos o relevo da nosa península.
Mirade e escoitade con atención o video que vos deixo. Será de axuda para completar o traballo de aula.
El español o castellano es una lengua romance procedente del latín hablado. Pertenece al grupo íbero y es originaria de Castilla, reino medieval de la península ibérica.
El español, como otras lenguas romances, es el resultado de siglos de evolución a partir del latín hablado (denominado latín vulgar) desde el siglo III a.C aproximadamente.
Seguid con atención el video que os dejo sobre el origen de la lengua Castellana, y, podréis conocer, además, de donde provienen algunas de las palabras que utilizamos en nuestro día a día.
Escoitaches falar de ilusións ópticas?
Son alteracións ocasionadas por algunha actividade ou obxecto, capaces de enganar ao sistema visual das persoas. A imaxe percibida viaxa dos ollos ao cerebro, ocasionando unha percepción equivocada da realidade. O proceso mediante o cal o noso cerebro combina información de percepción de cor, formas, movementos, texturas, lugares, e logra unha interpretación con todos eles, é complexo, e o único que se sabe con certeza é que non ten a capacidade suficiente para manexar toda a información que recibimos a través do que vemos.
É por iso que a mente se ve obrigada a intervir, elixindo a interpretación que pareza máis lóxica.
Vexamos algún exemplo:
O artista, nun xogo de ilusións ópticas, reinventa o rostro da súa dona, átomo a átomo, nunha danza gravitatoria en tres dimensións.
Vexamos máis ilusións ópticas! Atent@s!