11/03/2025

QUEN OCUPA ESA CADEIRA?

 


O pasado 8 de marzo, Día da Muller,Museo Provincial de Lugo encheuse de cadeiras baleiras. Pero non unhas cadeiras calquera. Senón,  máquinas do tempo. Sen darte conta, podías viaxar pola historia de mulleres que, dun xeito ou doutro, fixeron que o mundo sexa hoxe como é.

O proxecto comezouno hai anos a Escola Palimoco. 

Nós, temos a sorte de ter na nosa clase, a Icía, compañeira que formou parte desta fermosa actividade, e, con  ela, tivemos o privilexio de poder , dende as nosas cadeiras, achegarnos ao sentir dunha muller que loitou pola súa terra e pola súa lingua ... a nosa terra e a nosa lingua, ROSALÍA DE CASTRO!

Casteláns de Castela,

tratade ben ós galegos:

cando van , van como rosas;

cando vén, vén como negros!

Castellanos de Castilla, de Rosalía de Castro.



Moitas Grazas, Icía!! e Moitísimos Parabéns!!

06/03/2025

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2025


A data do 8 de marzo, é o día recoñecido polas Nacións Unidas para conmemorar o 
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.
"Para todas as mulleres e nenas: Dereitos. Igualdade. Empoderamento." 
Este é o lema que a ONU propón este ano para esta conmemoración, e, a través do cal, reivindica  ampliar a igualdade de dereitos, o poder e as oportunidades para todas as mulleres, sen deixar a ninguén atrás.
Para calquera de nós, homes ou mulleres, a autoestima   é fundamental para o noso desenvolvemento como persoas. 
Antes de afondar nesta data, convídovos a ver unha curtametraxe baseada no libro "Eu vou comigo" da escritora  Raquel Díaz Reguera. 
Premede  na imaxe, prestade atención e .... logo comentamos!


Hai moitas historias de mulleres inspiradoras que contribuíron ao progreso e a igualdade en ámbitos como a ciencia, a arte, a política e os dereitos humanos. Son mulleres que superaron obstáculos e que deixaron pegada positiva no mundo.

05/03/2025

UNIDADES DE MASA

 


La MASA es la cantidad de materia que tiene un cuerpo. La unidad básica es el gramo (gr), pero como supondrás, hay unidades mayores y unidades menores al gramo:


Para medir grandes masas, se utilizan la tonelada, el quintal y el miriagramo, cuyas equivalencias son las siguientes:

  • 1 Tonelada (t) = 1.000 kg = 1.000.000 gr
  • 1 Quintal (q) = 100 kg = 100.000 gr
  • 1 Miriagramo (mag) = 10 Kg = 10.000 gr

Para transformar una unidad de masa en otra, se multiplica o se divide sucesivamente por 10 (exactamente igual que hicimos con las unidades de longitud).



Practicamos?... Adelante!

01/03/2025

ENTREGA DE PREMIOS CERTAME POESÍA NADAL

A Biblioteca Pública de Lugo, vén de entrega-los premios do certame de poesía de nadal 2024. Entre os gañadores, están os nosos compañeiros:

Pablo Abuín: 1º Premio fase local e accesit en fase provincial.

Carmen Vázquez Sanz: 2º Premio fase local

Sara Real Fernández: 3º Premio fase local.

Os poemas presentados, sen dúbida, son moi merecedores deste recoñecemento!! 

Moi bo traballo, rapaces! Moitos parabéns!!






Seguimos a ler e a escribir poesía!! 

28/02/2025

ENTROIDO 2025

Rodeados  de virus, pero con todas as medidas de seguridade, celebramos a chegada do entroido no noso colexio.

 

Houbo regueifa entre mestres/as e alumnado, desfile pola rúa, e como non, música e baile. 

Ademais, coincidindo nestas datas, co Día Mundial das Enfermidades Raras, o noso grupo achegou o noso graíño de area para lembrar a importancia da investigación nestas doenzas que afectan a un número reducido de persoas.

E despois dunha bo xornada, que mellor xeito que rematar cunha boa chocolatada?
Así de ben o pasamos!











12/02/2025

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2025

 

Rosalía de Castro, a nosa escritora máis universal, tanto que ata ten unha estrela co seu nome no ceo, cumpriría 188 anos este 23 de febreiro.


Sabías que ... ?
O poema de Rosalía de Castro, "Adiós Ríos, adiós Fontes" ,  tivo orixinalmente o título de “Adiós, que eu voume”, e está considerado como o primeiro texto da autora en lingua galega. Pertence ao seu libro "Cantares Gallegos" e foi publicado en 1861 no xornal madrileño "El Museo Universal".


E así lembramos a Rosalía de Castro ...










10/02/2025

MEDIMOS LONXITUDES

Hoxe puxemos en práctica os nosos coñecementos sobre a medida de lonxitudes. 

Dende a mesa da profe, pasando polo caixón de obxectos perdidos e ata no lavabo dos servicios dos alumnos/as, tivemos que tomar nota das medidas para logo convertilas en distintas unidades de lonxitude.

Foi unha clase de matemáticas moi activa, onde, por suposto, tivemos que utilizar o metro. Uns expertos/as en medidas!! 



PARABÉNS RAPACES/AS!!

05/02/2025

UNIDADES DE MEDIDA: LA LONGITUD

Las unidades de medida estuvieron entre las primeras herramientas inventadas por los seres humanos. Las sociedades primitivas necesitaron medidas rudimentarias para muchas tareas: la construcción de moradas, la confección de ropa o la preparación de alimentos y materias primas.

Los sistemas tradicionales basan sus unidades de medición de distancia en las dimensiones del cuerpo humano.

Nuestra unidad principal de medida de longitud es el "metro" pero existen unidades mayores y unidades menores al metro.
 Mira y escucha atentamente:

¿Practicamos?
Clicka en la imagen


Cool Red Outer Glow Pointer