11/06/2025

Parque Infantil de Tráfico

Concienciados coa importancia da seguridade vial, desprazámonos ata o PIT (Parque Infantil de Tráfico) López Mella, onde, da man de expertos pertencentes á DXT, recibimos formación teórica e práctica sobre educación viaria.

Nas intalacións, puidemos utilizar bicicletas e karts para simular diferentes situacións sobre mobilidade e tráfico.

Por suposto,  tivemos tempo de repostar enerxías antes de voltar ao colexio.



























06/06/2025

TINKERCAD

Coordinados por  Lucía Reseco, alumna da Escola de Formación do Profesorado, levamos a cabo unha actividade super interesante utilizando a plataforma de software gratuita "Tinkercad", baseada no diseño tridimensional.

Ademais de presentarnos esta ferramenta, explicounos e guiounos nos pasos a seguir para conseguir o noso obxectivo: crear unha maqueta da nosa aula

Potenciamos a colaboración no traballo en equipo, practicamos a localización espacial,  reforzamos as unidades de medida e o cálculo de escalas... Realmente, foi unha actividade moi, moi completa, onde, todo hai que dicilo, sentímonos moi orgullosos/as do noso traballo tan ben feito.

Moitas grazas, Lucía, por acompañarnos, guiarnos e ensinarnos tantas cousas durante estes días!! 

Estamos segur@s que os teus futuros alumnos van ter moita sorte cunha mestra tan comprometida e traballadora!! Moitos parabéns!!

















03/06/2025

Lucus Aventure

Chegados a estas alturas de curso, non todo vai ser traballar e estudar. Precisamos tempo para xogar, divertirnos, compartir e gozar! Encamiñados na recta final do curso, xunto cos compañeiros doutro grupo, desprazámonos ao parque de aventuras "Lucus Aventure", onde, puxemos a proba o noso vértigo, o noso equilibrio ... en definitiva, o noso espíritu aventureiro!

Non deixamos de aprender ... "O que se trae ao bosque, do bosque lévase" (non quedou nin un papel no chan!) Parabéns!! ... e, por suposto, despois de todo o exercicio físico, houbo tempo para recuperar folgos cunha boa merenda. Mágoa que durara tan pouco!

Contan que a encargada do grupo non se atreveu a subir ... semella raro!

29/05/2025

Visita de xogadores do CB Breogán

Hoxe tivemos no colexio a dous dos xogadores do CB Breogán: Petar Aranitovic e Dominik Mavra. Houbo tempo para facerlles preguntas, recoller sinaturas, quitar fotos .... Vaia paciencia tiveron!!

Iso si, o noso grupo aproveitou ben a visita ... Temos a  pelota de baloncesto da clase firmada por ámbolos dous!











Cool Red Outer Glow Pointer