27/04/2023

HORTO ESCOLAR

Sabíades que temos un horto no noso cole? Pois, si! Temos un horto moi chulo cunha variedade importante de plantas!

O noso cole, participa dende o Departamento de Pedagoxía Terapéutica, no "Proxecto Ecohortas", a través do cal, ademáis de poder adquirir moitos coñecementos sobre agroecoloxía, planificación e deseño da horta, alimentación, e un montón de cousas máis, axúdanos a adquirir importantes habilidades persoais e de grupo.

Hoxe, a profe Lucía, invitounos a achegarnos ao horto. Xunto con Lucía e Tamara (da agrupación "Amigos da Terra"), puidemos recoñecer diferentes plantas e as súas propiedades beneficiosas para a nosa saúde, ulimos própolis, algúns compañeir@s masticaron a rúcula, arrincamos ravos, vimos os primeiros amorodos (mágoa que aínda non se lles poda botar o dente), botamos cinza, regamos a horta ... e, plantamos as lentellas de Mara!

Foi unha visita curta que nos soubo a moi pouco! Moitas grazas Lucía por convidarnos, e... agardamos ansiosamente a túa chamada! 😉

Mirade o ben que nos foi!

25/04/2023

EXPERIMENTO: VOLUME E FLOTACIÓN

O volume é o espazo que ocupa un corpo. O LITRO é a medida de volume. 

A flotación é unha propiedade dos corpos que nos indica a capacidade de manterse enriba dun líquido.

Para calcular o volume, precisamos: 


Mirade como calculamos o volume de diferentes corpos, ademáis de recoñecer a propiedade de flotación.

16/04/2023

DÍA DO LIBRO 2023



Sabías que o primeiro Día Internacional do Libro que se celebrou foi o 7 de outubro de 1926, pensando que coincidía coa data do nacemento de Miguel de Cervantes? (hoxe mántense o 29 de setembro como data do seu nacemento).

A idea foi do escritor Vicente Clavel Andrés, quen propuxo a idea de establecer un "Día oficial do libro" á Cámara Oficial do Libro de Barcelona, e o día 7 de outubro quedou marcado como a Festa do Libro Español. Aínda así, ao cabo dos anos, empezouse a cuestionar se esta data era realmente o nacemento de Cervantes. E por esta razón (e tamén porque parecía máis práctico facer unha celebración ao aire libre nunha época de máis calor) en 1930, decidiuse mover o Día do Libro ao 23 de abril.

Trátase dun día simbólico para a literatura mundial, xa que ese día, pero en 1616, finaron tres importantes escritores da literatura universal: Miguel de Cervantes, Garcilaso de la Vega e Shakespeare.

Cervantes, en realidade, morreu o 22, pero foi soterrado o 23, e en canto a Shakespeare, ese 23 de abril, corresponde ao calendario xuliano, vixente aínda na Inglaterra isabelina.

Queres coñecer un pouco máis sobre Miguel de Cervantes e o seu "Ingenioso Hidalgo Caballero Don Quijote de la Mancha"? ... Adiante!

Nunha biblioteca podes vivir multitudes de aventuras. Apetéceche dar unha volta por unha biblioteca máxica? 

Non perdas tempo, e axuda a atopar os libros perdidos!

Aurora, irmá de Irene, e, Marta, a nai de Martín e Blanca, quixeron colaborar connosco na semana do libro recomendánnos  lecturas moi emocionantes! ... Que sorte temos! 😍
Moitísimas, moitísimas grazas, Aurora e Marta, pola vosa colaboración!


Estas son as nosas recomendacións de lecturas...

 Nesta semana que adicamos á importancia de ler, e ter sempre como compañeiro un libro, descobrimos, grazas á nosa compañeira Sara,  outro tipo de lectura: o SISTEMA BRAILLE.
O sistema "Braille" é un sistema de lectura táctil que utiliza puntos en relevo para representar letras e números. Os libros en braille, permiten ás persoas con discapacidade visual acceder á informacion escrita de xeito independente e autónoma.
Sara explicounos moi ben o material que se precisa, o xeito de escribir, e, trouxonos a tod@s un agasallo precioso: o noso nome en Braille. 
Moitas grazas, Sara, pola túa colaboración, e por todo o que aprendemos contigo! ☺


Moitas grazas, Sara!

FELIZ DÍA DO LIBRO!





31/03/2023

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO 2023




O 2 de abril conmemórase o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, unha data instaurada por Nacións Unidas para visibilizar ás persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA) e contribuir a promover o exercicio efectivo dos seus dereitos.

A campaña deste ano ten como lema:

e pon o foco en tres aspectos esenciais:

A variabilidade: non hai dúas persoas con autismo iguais.
A singularidade e especificidade do autismo: reclamando aceptación, tolerancia e respecto.
O sentido de pertenza: as persoas no espectro do autismo demandan cada vez maior autorrepresentación e poder ir ostentando postos de responsabilidade dentro das organizacións que lle representan.


A viaxe de María

Como percibe el mundo una persona con autismo? 

Coñece un pouco máis sobre o TEA

VISITA Á VILA DE MEIRA

O pasado martes, realizamos unha saída á vila de Meira para visitar o nacemento do noso río Miño, e poder coñecer parte da historia tan emocionante desta fermosa terra.

Acompañounos en todo momento, Yoani, encargada da Oficina de Turismo de Meira. Con ela, puidemos descubrir a  interesante lenda da "Meiga Irimia"; explicounos a orixe do Mosteiro da orde Cisterciense que daría paso á Facultade de Filosofía e despois a hospital militar, axudounos a atopar os animais que hai nos ferraxes orixinais das portas da igrexa, e moitísimas cousas máis, que sen dúbida, despertaron a nosa curiosidade.

Agradecémoslle enormemente a súa desinteresada colaboración, e, por suposto, o bo trato recibido en todo momento. Que marabilla poder contar coa súa presenza durante esta visita!

Por suposto, tivemos tempo de lecer! e, xa de volta, paramos na Lagoa de Fonmiñá , onde o Miño aínda é un raparigo e, paseniñamente, converterase no río galego con  maior sabedoría.

Ah, e tamén lucíu o sol toda a mañá! ... 😉



22/03/2023

OS ANIMAIS INVERTEBRADOS

Os animais invertebrados son aquel conxunto de especies do reino animal que non teñen columna vertebral, espiña dorsal ou un esqueleto interno articulado.

Xeralmente, os animais invertebrados adoitan ser de menor tamaño se os comparamos cos grandes vertebrados terrestres e acuáticos. Con todo, existen invertebrados de todas as formas e tamaños: algúns son microscópicos mentres que outros, como a lura xigante, poden verse a primeira ollada!

A parte máis importante da biodiversidade coñecida, está só constituida por organismos invertebrados.

Hoxe tivemos a sorte de poder observar exemplos de animais invertebrados pertencentes á clase dos moluscos, en concreto aos gasterópodos, e tamén, algúns equinodermos e bivalvos na clase.






Moitas grazas, Chloe e Blanca, por achegarnos estas mostras e sobre todo, pola vosa colaboración!!


20/03/2023

A NOTICIA (NOVA)



Unha noticia (ou nova) é o relato ou redacción dun texto informativo que se quere dar a coñecer e se refire a un feito novo ocorrido dentro dunha comunidade e que merece a súa divulgación. Tamén son noticia aquelas que sucederon hai tempo, non hoxe, pero que son descubertas ou contadas por alguén no momento actual (descubrimentos científicos, achados…).

Cales son as partes dunha noticia? Fíxate no exemplo:


Toda nova debe respostar a varias preguntas:


Estás preparado para converterte en xornalista?

13/03/2023

SUMA Y RESTA CON UNIDADES DE LONGITUD

¿Podemos sumar manzanas con peras? y ¿elefantes con hormigas? ¡Claro que no!


Sumaremos manzanas con manzanas, peras con peras, elefantes con elefantes y hormigas con hormigas.


Con las unidades de medida, ocurre lo mismo. Para sumar o restar unidades de longitud, los kilómetros se suman con los kilómetros, los metros se suman con los metros, los centímetros con los centímetros ... y así con el resto de las unidades.

Escucha y mira con atención el siguiente video:



Cool Red Outer Glow Pointer