17/09/2024

LOS NÚMEROS NATURALES



¿Cúales son los números naturales? 

¿Para que sirven los números naturales? 

¿Es el cero un número natural? 

Seguro que sabes dar respuesta a estas y otras preguntas sobre los números naturales, pero, vamos a recordar otras curiosidades sobre ellos. ¿Preparad@s?

Mirad con atención el siguiente video:


¿PRACTICAMOS UN POCO? ... ADELANTE!





11/09/2024

CURSO 2024-25

Ola a todos/as!

Comezamos o primeiro curso da  derradeira etapa da Educación Primaria no colexio!

Traballando xuntos, con ilusión e con esforzo, estou segura que conseguiremos que sexa unha etapa de avances e de aprendizaxe.

Desexo, que cada un de vós, acade as metas propostas! Moito ánimo a todos/as! 

Estades preparados/as? ... Adiante!!

20/06/2024

PROMOCIÓN 2024

 


Chega o momento de abrir novas portas, afrontar novos desafíos e seguir medrando e aprendendo.
Parabéns a tod@s por este gran logro!
Desexámosvos todo o mellor para a nova etapa que ides emprender!

Moitos Parabéns 6ºA!
















MOITA SORTE, RAPACES!!






02/06/2024

REACTIVOS E PRODUTO

Hoxe, fixemos na clase un experimento no que puidemos comprobar como dous  reactivos que se mesturan, convértense noutra substancia chamada produto.


vinagre (reactivo) + bicarbonato sódico (reactivo) = dióxido de carbono : CO2 (produto).

A través deste experimento, comprobamos tamén como toda a materia ocupa un espazo. O produto orixinado, precisa espazo que atopa nun globo que finalmente se infla so.

As encargadas de facer a demostración foron Gala máis Nicole. Quen sabe se nos temos entre nós dúas futuras químicas!
Lembrade: Non fagades nunca este experimento sen axuda dunha persoa adulta.

23/05/2024

VISITA Á I FEIRA DE EDUCACIÓN, FORMACIÓN E EMPREGO

Convidados a visitar a I Feira de Educación, Formación e Emprego de Lugo, organizada pola Xunta de Galicia e o Concello de Lugo,  que se está a celebrar estes días na nosa cidade, desprazámonos ao Pazo de Feiras coa finalidade de coñecer de preto as ofertas educativas e formativas que podemos ter ao noso alcance. 

Participaban na feira, Centros Integrados de FP, Institutos de Educación Secundaria da nosa provincia, Conservatorios Profesionais de Música e Danza, Escola Oficial de Idiomas, Escola de Artes e Deseño ...

As actividades mostradas foron do máis interesantes: simuladores de realidade virtual, experimentos científicos, achegamento a diferentes idiomas, actividades deportivas, artísticas, culinarias, sanitarias ... 

Todas elas, son una pequena mostra dos diferentes camiños  aos  que poderemos optar, nun futuro non moi lonxano, para formarmos como auténticos e bos profesionais.


15/05/2024

VISITA DO ALUMNADO DE 1ºB EP

Hai días, tivemos a sorte de ter na nosa aula a Julia, Lucas Carlos, Alfonso e Clara, alumn@s do grupo de 1ºB de EP, que viñeron acompañados da súa titora, Laura, máis a profe de prácticas, Silvia.

A súa visita, non foi unha visita calquera! Viñeron presentarnos o traballo tan estupendo, marabilloso e importante, que baixo o título de "Salvemos o planeta", estiveron a desenvolver durante días. 

Fixeron a  recollida e análise do lixo que xeneramos nos tempos de lecer. Non podedes imaxinar o "pouco limp@s" que podemos chegar a ser!!

Abraiados quedamos coas  explicacións de como elaboraron o proxecto, as conclusións ás que chegaron, e como non, abríronnos os ollos da importancia de manter o noso entorno limpo e coidado en beneficio de tod@s os que formamos parte da sociedade.

Dende entón, a nosa clase loce dun xeito diferente! e, se a alguén se lle cae algo ao chan, non ten máis que revirar un ollo e fixarse no mural co que nos agasallaron nesta visita.


É ben certo, que o ensino non entende de idades, e, neste caso, fomos nós, o grupo dos maiores do colexio, os que aprendimos dos "grandes pequenos" de 1º curso.

Quedamos encantados e moi agradecidos pola visita! Voltade cando queirades! e, por suposto, moitas, moitas grazas!!


Julia, Lucas Carlos, Alfonso e Clara, 

MOITOS, MOITOS... PARABÉNS!!

13/05/2024

LUISA VILLALTA: LETRAS GALEGAS 2024




Este ano 2024, adícase a Luisa Villalta 
o Día das Letras Galegas.

Coñezamos máis sobre a vida e a obra da escritora:


Agora, demostra o que sabes: 



Completa o encrucillado sobre Luisa Villalta



22/04/2024

DÍA DO LIBRO 2024

 Que é ler?



Queres adentrarte no mundo dos libros e coñecer moitas cousas interesantes? Adiante, non perdas tempo!


"Para viaxar lonxe,
non hai mellor nave que un libro"
                                              Emily Dickinson

FELIZ DÍA DO LIBRO!!






Cool Red Outer Glow Pointer