Conscientes da importancia da adquisición de conductas e comportamentos seguros, tanto como peóns, como usuarios do transporte público, esta semana tivemos unhas charlas moi interesantes organizadas polo Concello de Lugo en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico.
Aprendimos moitas cousas importantísimas: os hábitos correctos e seguros tanto en vías urbanas como interurbanas, situacións de tráfico reais, a importancia da señalización vertical e horizontal, os semáforos , a importancia do chaleco reflector, o uso do casco, o cinto de seguridade, e, ata simulamos situacións da vida real.