Estes días pasados, na clase de CC Naturais, realizamos un novo experimento baseado nos cambios físicos e químicos da materia.
Cales son os nosos obxectivos ?
- Lograr que un ovo sexa quen de rebotar sen estragarse.
- Observar como o vinagre reacciona coa cáscara do ovo e se fai elástico.
- Identificar os fenómenos físicos e químicos que ocorren.
Para isto, imos necesitar os seguintes ingredientes:
- Un ovo
- Vinagre
- Un recipiente con tapa
- Luvas refugables
Carlos e Mª del Mar móstrannos os pasos a seguir.
Prestade atención!
O ácido acético do vinagre reacciona co carbonato cálcico da casca do ovo producindo dióxido de carbono (as burbullas de gas que se desprenden na casca do ovo). Coa cantidade de vinagre suficiente desaparece toda a casca de ovo.
Unha vez que sacamos o ovo e o limpamos ben, comprobamos que o o ovo aumentou de tamaño e ...
Mellor que o vexas! ... Non é máxia!
OBXECTIVOS CONSEGUIDOS!!
PARABÉNS RAPACES!!