15/11/2021

TODOS CON LA PALMA

Dende que o pasado día 19 de setembro, o volcán "Cumbre Vieja" da illa canaria de La Palma, entrou en erupción, acordamos poñernos no lado de toda a súa xente, e, mostrarlles toda a nosa solidariedade, afecto e cariño, do mellor xeito posible: traballando en equipo. 

Os dous cursos de 6º de EP organizámonos para crear e facerlles chegar a todos os centros educativos de La Palma, as nosas mensaxes de apoio ante a situación tan triste que están a vivir.

Desexamos de todo corazón que  o volcán cese a súa actividade, e, por fin, remate este pesadelo que está a sufrir toda a súa xente.


Ao voso lado!
 


Cool Red Outer Glow Pointer