04/03/2024

VIAXEIROS POR EUROPA: FINLANDIA - IRLANDA - DINAMARCA

O percorrido de hoxe, éche ben interesante! 

Dende o considerado "país máis feliz do mundo" segundo a ONU, Finlandia, partimos cara a  illa de Irlanda, coñecida como "Illa Esmeralda" pola súa paisaxe cor verde,  e dende alí, desprazámanonos a Dinamarca, país que ten a bandeira máis antiga do mundo.




A primeira en chegar foi Cecilia, a embaixadora de Finlandia. Saúdounos no seu propio idioma, o finlandés. Custounos un pouquiño entendelo pero gustounos moito escoitalo!

Falounos das marabillas do país dos miles de lagos, do Círculo Polar Ártico e as súas Auroras Boreais, e, como non, dese personaxe navideño que viste de cor vermella que tanto agarimo senten os máis pequenos (e algún maior) cara el e que vive en Laponia, ao norte de Finlandia. Tanto é así que nos trouxo un pucho de Papá Noel finlandés e unha recompilación de fotos do seu país.

Por certo, sabíades que en Finlandia nos meses de maio, xuño, xullo e agosto, non hai noite e sempre é día?  



A continuación, chegou María,  a embaixadora de Irlanda, terra dos celtas e do ilustre escritor Oscar Wilde, autor de obras tan recoñecidas como "A pantasma de Canterville", "O retrato de Dorian Grey", "O príncipe feliz" ...
Falounos da influencia dos vikingos neste país, do seu patrón, San Patricio, das cores da súa bandeira,  e como non, convidounos a divertirnos coa xente irlandesa nos famosos "pubs", disfrutando de  boa música e dunha copa de cervexa; iso si, sempre sen alcol!
Sabíades que o "O libro de kells",  manuscrito que contén os catro evanxelios do Novo Testamento en latín, e que data do ano 800 d.C, está exposto e pode visitarse no Trinity College, na capital de Irlanda, Dublín?



E de Irlanda, puxemos rumbo cara Dinamarca, terra doutro famosísimo e universal escritor: Hans Christian Andersen. Quen non apredeu a ler co conto de "A sirenita", "O parruliño feo", "A raíña das neves", e outros contos máis?
A súa embaixadora, Inés,presentounos moitas curiosidades destas terras escandinavas: é o país que posúe máis bicicletas que persoas e un lugar onde gustan de comer ben, pois,  ten o índice máis alto de "comida gourmet". 
Convidounos a visitar o "Parque Tívoli", a Ópera de Copenhague, e como non, a pasar un día no "Legoland".


Por se tivesemos problemas cos cartos, Inés amosounos como son as coroas danesas, moeda oficial de Dinamarca, e explicounos que 1 euro equivaldría aproximadamente a 7,45 coroas.


A ruta de hoxe foi fantástica grazas a toda a información que Cecilia, María e Inés achegaron!!

MOITOS PARABÉNS, RAPAZAS!!!
Cool Red Outer Glow Pointer