Ser un bo delegado de clase, non é tarefa doada. Non é só alguén que leva a voz do grupo ante os profesores, senón tamén, un compañeiro que axuda a que a clase funcione mellor.
Significa contar con alguén que escoita, que busca solucións cando xorden problemas e que se preocupa porque todos nos sintamos incluídos. O seu papel é clave para manter un ambiente positivo, no que podamos aprender, traballar en equipo e gozar máis no día a día.
Ser delegado non é só un cargo, é unha oportunidade de medrar como líder, apoiar aos demais e demostrar que xuntos podemos lograr grandes cousas.
Dende a semana pasada, preparamos o proceso de elección de delegado/a.
Despois de coñecer realmente o que significa ser delegado/a, presentáronse as candidaturas. Houbo unha listaxe ampla de candidatos/as que se presentaron á elección, dos que estou ben segura, que calquera deles/as o farían moi ben.
Constituímos a mesa electoral que estivo formada por Edurne Fernández, quen exerceu como presidenta, e Alicia Corral quen exerceu como secretaria (alumna maior e alumna máis nova, respectivamente).