Este luns, tivemos a sorte de poder asistir á conferencia impartida por Jaime Nava, excapitán da selección española de rugby, que tivo lugar na Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo.
Trátase da cuarta edición do ciclo de charlas "Luz ao Deporte", organizadas pola Fundación Breogán co apoio do Goberno galego.
Na súa intervención, Jaime Nava invitounos a unha viaxe pola súa traxectoria como deportista profesional, como actor en varias series de televisión, e, sobre todo, lembrounos a aprendizaxe das bases en calquera deporte que nos fai humanos.