O venres desprazámonos ao auditorio "Fuxan os Ventos" para asistir á primeira edición da iniciativa promovida por Radio Lugo Cadena SER baixo o lema "Sen respecto non hai xogo".
O programa, dirixido pola xornalista Sara Meijide, incluíu unha ampla variedade de propostas: xogos guiados por psicólogas, contacontos con Anxo Moure, entrevistas con xogadores do Breogán, Ensino, Burela FS, CD Lugo e Castro FS... e, ata estivemos en antena para que todo o mundo puidese escoitar o noso compromiso de construir unha sociedade máis xusta, inclusiva e respectuosa porque ... Sen respecto non hai xogo!