29/11/2022

TRABALLANDO EN EQUIPO

Durante este primeiro trimestre, o noso colexio acolle a alumnado do Master en Formación do Profesorado, que chega con moitas gañas de coñecer a realidade da profesión de docente.

Ata a nosa clase, achegáronse Marta e Joel que quixeron coñecer como funciona un aula Edixgal.

Sentímonos encantados de que estivesen connosco, e sobre todo, da "actividade-sorpresa" que nos prepararon: a realización dunha serie de probas de destreza , enxeño e coñecemento que tivemos que superar por equipos.

Foi unha xornada estupenda na que, ademáis de pasalo fantásticamente, aprendemos moitas cousas.
E, que mellor xeito de rematar a actividade , que, cun diploma de recoñecemento!


Moitas grazas, Marta e Joel, pola vosa dedicación, atención e, por suposto, por todo o agarimo que poñedes no voso traballo.

Estamos seguros, de que seredes uns grandísimos profesionais!!

21/11/2022

25 DE NOVEMBRO DE 2022

O Día Internacional da eliminación da Violencia contra a Muller, conmemórase cada ano o día 25 de Novembro para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar en todos os países a súa erradicación.


En 5ºA, dicimos:

... e, ABRIMOS PORTAS VIOLETAS!




14/11/2022

LOS NÚMEROS DECIMALES

Un número decimal es un número no entero, compuesto por una parte entera y una parte decimal, que usamos cuando queremos representar números que son más pequeños que la unidad.


Presta atención al siguiente video: 



¿Practicamos? ¡Adelante!

26/10/2022

SAMAÍN NA CLASE DE 5ºA

Dende a semana pasada, a nosa aula empezou a cambiar: caveiras, esqueletos, cabazas ... apareceron polos taboleiros, porta e  outros recunchos da clase.

Aryán, foi o primeiro en axudar a crear o ambiente axeitado, compartindo con nós,  unha manualidade "terrorificamente bonita" que está a decorar a biblioteca da aula.


Moitas grazas, Aryán!!!

Cabaza, bruxas, morcegos, maxia ... son palabras que utilizamos nesta época. Coñecemos como se din en diferentes idiomas, e, tamén en lingua de signos. Mirade o video que fixemos: 


Parabéns rapaces!!

E, deste xeito,  celebramos o SAMAÍN!










e, como en calquera festa, cantamos e bailamos!




18/10/2022

SAMAÍN 2022



O SAMAÍN  forma parte da tradición máis enraizada e enxebre da nosa terra.

Esta celebración milenaria ten lugar cada ano, durante a noite que vai do 31 de outubro ao 1 de novembro, nunha desas datas nas que se conta que é máis doado transitar entre dous mundos: o mundo dos vivos e o mundo dos mortos.

Pero, cal é a orixe desta conmemoración? Botade unha ollada á información que vos deixo. Seguro que aprenderedes cousas ben curiosas sobre o SAMAÍN!

Es quen de inventar unha lenda de Samaín? Escolle os teus personaxes, deixa voar a túa innovación, e sorpréndenos coa túa lenda de samaín! Imos!







O SISTEMA SOLAR


O universo é un lugar enorme. As súas dimensións son tan grandes que incluso resultan difíciles de imaxinar para os astrónomos máis experimentados.

Trátase dun lugar cheo de estrelas, galaxias, planetas, lúas, asteroides ... e outros moitos tipos de elementos astronónimos. Nembargantes, no medio de toda esta inmensidade cósmica, existe un lugar, un pequeno recuncho do universo que podemos considerar  o noso fogar; o berce no que todo empezou para a nosa especie. Este lugar recibe o nome de SISTEMA SOLAR.

Mira e escoita con atención o seguinte video:



Que sabes do sistema solar?





Sistema solar realizado por María Morandeira.




15/10/2022

DELEGADOS CURSO 2022-23


Hai días, comezamos a traballar sobre cal debería ser o perfil idóneo dun bo delegado/a de grupo e cales son as súas funcións. Tarefa ben importante!

Houbo unha listaxe de candidatos/as bastante longa que se presentaron á elección, dos que estou ben segura, que calquera deles/as o farían moi ben.

Chegado o día da votación, constituímos a mesa electoral, que estivo formada por Samuel Paiva, que actuou como presidente, e, Martín García, que actuou como secretario (alumno maior e alumno máis novo, respectivamente), e procedimos á votación.

Saíron nomeados por maioría de votos: 

DELEGADO 5º A: Izan Alvarellos Cambeiro

SUBDELEGADO 5º A: Aitor Bruzos Alonso


Parabéns Izan e Aitor! 


Seguro que o ides facer moi ben! ... ADIANTE!!


02/10/2022

BOLETIN INFORMATIVO CURSO 2022-23

Clicando na imaxe, poderás acceder ao boletín informativo deste curso escolar:




Tamén o podes consultar na páxina web do cole.

Cool Red Outer Glow Pointer