22/03/2023

OS ANIMAIS INVERTEBRADOS

Os animais invertebrados son aquel conxunto de especies do reino animal que non teñen columna vertebral, espiña dorsal ou un esqueleto interno articulado.

Xeralmente, os animais invertebrados adoitan ser de menor tamaño se os comparamos cos grandes vertebrados terrestres e acuáticos. Con todo, existen invertebrados de todas as formas e tamaños: algúns son microscópicos mentres que outros, como a lura xigante, poden verse a primeira ollada!

A parte máis importante da biodiversidade coñecida, está só constituida por organismos invertebrados.

Hoxe tivemos a sorte de poder observar exemplos de animais invertebrados pertencentes á clase dos moluscos, en concreto aos gasterópodos, e tamén, algúns equinodermos e bivalvos na clase.






Moitas grazas, Chloe e Blanca, por achegarnos estas mostras e sobre todo, pola vosa colaboración!!


20/03/2023

A NOTICIA (NOVA)



Unha noticia (ou nova) é o relato ou redacción dun texto informativo que se quere dar a coñecer e se refire a un feito novo ocorrido dentro dunha comunidade e que merece a súa divulgación. Tamén son noticia aquelas que sucederon hai tempo, non hoxe, pero que son descubertas ou contadas por alguén no momento actual (descubrimentos científicos, achados…).

Cales son as partes dunha noticia? Fíxate no exemplo:


Toda nova debe respostar a varias preguntas:


Estás preparado para converterte en xornalista?

13/03/2023

SUMA Y RESTA CON UNIDADES DE LONGITUD

¿Podemos sumar manzanas con peras? y ¿elefantes con hormigas? ¡Claro que no!


Sumaremos manzanas con manzanas, peras con peras, elefantes con elefantes y hormigas con hormigas.


Con las unidades de medida, ocurre lo mismo. Para sumar o restar unidades de longitud, los kilómetros se suman con los kilómetros, los metros se suman con los metros, los centímetros con los centímetros ... y así con el resto de las unidades.

Escucha y mira con atención el siguiente video:



07/03/2023

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2023


 Sabías que foi unha muller quen inventou a linguaxe dos ordenadores? e sabías que a radiografía foi tamén inventada por unha muller? e que este blog é escrito por unha muller?

O Día Internacional da Muller, que empezou a conmemorarse pola ONU en 1975, atopa as súas orixes nas manifestacións das mulleres que, especialmente en Europa, reclamaban a comezos do século XX o dereito ao voto, mellores condicións de traballo e a igualdade entre os sexos.
É, neste ano, cando as Nacións Unidas,  empezan a conmemorar o "Día Internacional  da Muller" (8 de marzo).
Pero, por que se escolleu un 8 de marzo, e non, outro día para esta conmemoración?

A historia está chea de mulleres excepcionais, aínda que, ás veces, non sexan tan coñecidas como se merecen. Nadadoras, deseñadoras, cirurxiás, cantantes, pilotos, artistas, navegantes, activistas, doutoras ...
Durante estes días, puidemos coñecer algunhas destas admirables mulleres da man dos nosos compañeiros:






Parabéns rapaces! e moitas grazas polas vosas aportacións! Moi bo traballo!!
Hoxe, achegámonos a Dorothy Vaughan, Katherine Johnson e Mary Jackson; mulleres afroamericanas cuxas contribucións matemáticas fixeron posible as misións do Apollo, Mercury e a chegada a lúa, motivo polo que, foron incluídas no "Langley Hall" (centro de investigación máis antigo) de honra da Nasa.


22/02/2023

DÍA DE ROSALÍA 2023

 


O Día de Rosalía, converteuse nos últimos anos, nunha das datas máis sinaladas do calendario cultural galego. Unha data que ata o de agora, e ante o descoñecemento do día exacto do nacemento da poeta, celebrábase o 24 de febreiro, día en que recibiu o bautismo. Esta efeméride adiántase un día, ao 23 de febreiro, tras a aparición de nova documentación que desvela a súa data real de nacemento.
As flores preferidas de Rosalía eran os pensamentos, e, sen dúbida, ela foi a voz do seu pensamento.

"Eu son libre, nada pode conter a marcha dos meus pensamentos e eles son a lei que rexe o meu destino".

Mural realizado polo alumnado de 5º curso

Afondamos na vida e obra da ilustre escritora.

18/02/2023

ENTROIDO 2023



Despois de cumplir durante toda a semana, os "mandados do meco", chegou o ansiado venres de Entroido ao noso cole!
Os corredores enchéronse de lentes escuras, guedellas sen peitear, pantalóns e saias rachadas , e moitas, moitas gañas de festa! Xa ía sendo hora de poder xuntarnos!
Con moita ansia, acudimos ao ANEXA FEST, onde disfrutamos das actuacións de todos os compañeiros do cole, e, tamén os demáis, puideron disfrutar da nosa! (por certo, saíunos xenial!).
Así de ben o pasamos!









Parabéns rapaces, FANTÁSTICO !!!

Tivemos música en directo, baile, lucíu o sol, e,  moito, moito rock!
E quen sabe, ao mellor temos un futuro guitarrista de banda de rock na nosa clase ... 😉


PASADE UN MOI FELIZ ENTROIDO!!
Podedes ver o resto das actuacións na páxina web do cole.

07/02/2023

CHARLA SOBRE ACOSO ESCOLAR


Hoxe,  participamos nunha das charlas que a Policía Nacional achega aos colexios, dentro do "Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e a súa contorna", promovido polo Ministerio de Educación e que conta coa colaboración da Xunta de Galicia. 

O tema tratado foi o "Acoso Escolar"; tema, que nos preocupa tanto na actualidade ,e, que, por todos os medios, queremos eliminar no seu conxunto: dende as víctimas, os observadores,e por suposto, os agresores.

O acoso escolar é unha loita na que todos temos que implicarnos para erradicarla.










01/02/2023

FUNDACIÓN BREOGÁN: NINGÚN ARO SEN REDE

 Hoxe, tivemos unha visita moi especial no noso cole. Representantes da Fundación Breogán, achegáronse ata aquí para falarnos dunha iniciativa moi interesante que están a levar a cabo.

Salva Arco (ex-xogador e ex-capitán do CB Breogán), Ana Traseira (Directora da UNED de Lugo), e, o que non podía faltar, Máximus, a mascota do clube, presentáronnos o proxecto "Ningún aro sen rede" que pretende dotar a todos os centros escolares que o desexen, de redes de baloncesto artesanais, recicladas e sostibles.

O noso cole, dende hoxe, conta con dúas destas redes nas canastras do patio. O baloncesto únese deste xeito á reciclaxe, á reutilización, e, por suposto, ao convencimento de poder contribuir a mellorar a nosa sociedade.




Estreamos as redes novas de baloncesto demostrando as nosas dotes como xogadores, e, tamén, tivemos tempo de conseguir algún autógrafo!


Os primeiros en encestar conseguiron premio. 
Parabéns rapaces!!
Agradecemos a visita da Fundación Breogán e comprometémosnos a aportar o noso grao de area nesta tarefa tan importante de coidar da nosa contorna, e, por suposto ... MOITO BASKET!




Cool Red Outer Glow Pointer