20/06/2024
PROMOCIÓN 2024
02/06/2024
REACTIVOS E PRODUTO
Hoxe, fixemos na clase un experimento no que puidemos comprobar como dous reactivos que se mesturan, convértense noutra substancia chamada produto.
23/05/2024
VISITA Á I FEIRA DE EDUCACIÓN, FORMACIÓN E EMPREGO
Convidados a visitar a I Feira de Educación, Formación e Emprego de Lugo, organizada pola Xunta de Galicia e o Concello de Lugo, que se está a celebrar estes días na nosa cidade, desprazámonos ao Pazo de Feiras coa finalidade de coñecer de preto as ofertas educativas e formativas que podemos ter ao noso alcance.
Participaban na feira, Centros Integrados de FP, Institutos de Educación Secundaria da nosa provincia, Conservatorios Profesionais de Música e Danza, Escola Oficial de Idiomas, Escola de Artes e Deseño ...
As actividades mostradas foron do máis interesantes: simuladores de realidade virtual, experimentos científicos, achegamento a diferentes idiomas, actividades deportivas, artísticas, culinarias, sanitarias ...
Todas elas, son una pequena mostra dos diferentes camiños aos que poderemos optar, nun futuro non moi lonxano, para formarmos como auténticos e bos profesionais.
15/05/2024
VISITA DO ALUMNADO DE 1ºB EP
Hai días, tivemos a sorte de ter na nosa aula a Julia, Lucas Carlos, Alfonso e Clara, alumn@s do grupo de 1ºB de EP, que viñeron acompañados da súa titora, Laura, máis a profe de prácticas, Silvia.
A súa visita, non foi unha visita calquera! Viñeron presentarnos o traballo tan estupendo, marabilloso e importante, que baixo o título de "Salvemos o planeta", estiveron a desenvolver durante días.
Fixeron a recollida e análise do lixo que xeneramos nos tempos de lecer. Non podedes imaxinar o "pouco limp@s" que podemos chegar a ser!!
Abraiados quedamos coas explicacións de como elaboraron o proxecto, as conclusións ás que chegaron, e como non, abríronnos os ollos da importancia de manter o noso entorno limpo e coidado en beneficio de tod@s os que formamos parte da sociedade.
Dende entón, a nosa clase loce dun xeito diferente! e, se a alguén se lle cae algo ao chan, non ten máis que revirar un ollo e fixarse no mural co que nos agasallaron nesta visita.
Quedamos encantados e moi agradecidos pola visita! Voltade cando queirades! e, por suposto, moitas, moitas grazas!!
MOITOS, MOITOS... PARABÉNS!!
13/05/2024
LUISA VILLALTA: LETRAS GALEGAS 2024
22/04/2024
DÍA DO LIBRO 2024
Que é ler?
15/04/2024
ETAPAS DA PREHISTORIA
12/04/2024
VISITA AO VELLO CÁRCERE DE LUGO
O Vello Cárcere é un espazo que despois de máis de 130 anos de historia, hoxe en día, é un lugar fundamental de encontro cultural e social na cidade, acollendo nos seus espazos todo tipo de manifestacións culturais e eventos: exposicións, concertos, obras de teatro, congresos, faladoiros, obradoiros didácticos…
A súa historia comeza con Nemesio Cobreros, o arquitecto que deseñou este emblemático edificio da cidade de Lugo, así como, outros máis: O edificio do seminario, a porta de Campo Castelo (antigamente "Porta do Cárcere"), a torre do reloxo da casa do concello, o templete da Praza Maior...
Así de ben nos foi!






















.png)



.jpeg)



