Levamos xa percorridas non poucas capitais europeas, pero seguimos con gañas de coñecer Europa. Fixádevos no mapa a traxectoria que levamos percorrida. Non está nada mal,verdade?
Estes días, viaxamos a Suiza, dende alí marchamos cara Hungría. De Hungría, fomos a Alemaña e rematamos en Países Baixos. Todos estes países pertencen á Unión Europea.
Primeiro chegou a embaixadora de Suiza, país que se mantén neutral nos conflitos armados.
É o pais non apto para lambóns, pois fabrica os chocolates máis ricos de toda Europa, e, onde se creou a famosa serie de debuxos: Heidi.
Por certo, sabedes que en Suiza, si queres ter unha mascota, non podes? ...Debes ter dúas!!
Queredes saber máis sobre Suiza?
Dende Suiza, marchamos cara Hungría.
O seu embaixador, lembrounos que foi en Hungría onde se ideou o famoso "Cubo de Rubik" e que a cova de estalatitas máis grande de Europa está neste país.
Hungría non usa o euro como moeda oficial , senón que utiliza o "forinto húngaro". (se non tés a moeda oficial, mellor que pagues con tarxeta, pero ...ten coidado coas comisións!
Aquí tedes toda o información que nos deixou o seu embaixador.

De Hungría, voamos a Alemaña, pais de Albert Einstein e de Beethoven. Sabíades que 1/3 do territorio deste país, está cuberto por bosques?
Sabedes que de Alemaña proceden moitos dos coches que circulan polo noso país?
O embaixador de Alemaña deixouno todo este material!

A derradeira etapa desta viaxe foi nos Países Baixos, que reciben o nome de "Baixos" porque unha grande parte deste territorio atópase ao nivel do mar, ou incluso por debaixo deste.
O seu embaixador, descubriunos os campos tan fermosos de tulipáns e muiños que podemos atopar neste país. Por suposto, invitounos a coñecer e admirar o Museo de Van Gogh, e, mostrounos, entre moitas cousas máis, as sorprendentes casas en forma de cubo.
QUE DE COUSAS ESTAMOS A APRENDER!!
XENIAL RAPACES!!