Estes días, recibimos a novos embaixadores europeos. Esta é a viaxe que fixemos:
DINAMARCA - AUSTRIA - CROACIA - NORUEGA
De DINAMARCA recibimos a dous embaixadores que nos deron unha información moi, moi completa do país.
Sabedes que Dinamarca é coñecida por ser un dos países máis felices? e que os famosos xogos Lego e Playmóbil proceden deste país?
Botade unha ollada a toda a información que nos deixou a súa embaixadora:
O embaixador deste país, non quedou atrás e completou a súa información cun mural ben significativo deste país!
Ademáis, agasallounos cunhas deliciosas e típicas galletas danesas (por certo, estaban boísimas).
MOITAS GRAZAS POLO AGASALLO!!
De Dinamarca, voamos a AUSTRIA
En Austria convén abrigarse ben! É un dos países máis fríos de Europa. Teñen chegado a -20º!
A súa capital, Viena, está considerada como a capital da música clásica. De aquí sairon famosos compositores de música como Mozart, J. Strauss, Schubert o Haydn.
A embaixadora de Austria amosounos obxectos procedentes deste país.
De Austria partimos cara CROACIA, un dos destinos máis atractivos de Europa, especialmente no verán!
Sabías que a illa de Hvar é a que máis hora de sol ten en todo o continente?
Queredes coñecer máis cousas sobre Croacia?
Clickade no mapa e atoparedes toda a información que nos deixou o seu embaixador. Vaivos gustar, seguro!
Finalmente, dende Austria fomos cara NORUEGA (pretiño do noso punto de partida nesta xornada).
Noruega leva anos ocupando o primeiro posto entre os países do Índice de Desenvolvemento Humano da ONU. Os seus traballadores asaliarados gozan dun alto grado de igualdade de xénero e de bo equilibrio entre a vida laboral e tempo de lecer.
Sabíades que os estudantes noruegos son os que acadan mellores resultados en lectura, matemáticas e ciencias?
Ollade o video que nos deixou a embaixadora de Noruega.
MOI, PERO QUE MOI BO TRABALLOS!
PARABÉNS RAPACES!!!