Este curso, por fin, voltamos ver as cores e os brillos do entroido polos corredores do colexio!
Hoxe, foi un día especial para tod@s, pois, esta mañá, cruzámonos ("con sentidiño") cunha excursión do imserso , unha parella de vacas, unha muller chinesa, un cabaleiro medieval, xogadores da selección, e, aínda que vos custe crelo, ata algún delincuente vimos pasar!
Estes, e moitos personaxes máis, acompañáronnos nesta xornada.
Abofé que che foi un día ben agradecido!
Aquí tedes a mostra. Disfrutádea!
Por certo, tamén tivemos un recoñecemento!
Parabéns rapaces!
Feliz Entroido a tod@s !