Ata agora, era o 24 de febreiro cando se conmemoraba o DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO, pero, este ano, e, grazas ao traballo da investigadora Sagrario Abelleira, revélase nova documentación que acredita que a data real do nacemento de Rosalía de Castro, foi un 23 DE FEBREIRO, e, que, o día 24, foi a data na que foi bautizada.
mensaxe publicada pola Casa de RosalíaO Día de Rosalía de Catro, converteuse, dende hai tempo, nunha das datas máis sinaladas no calendario cultural galego.
Nós, unímonos a esta conmemoración e lembramos e aprendemos sobre a escritora , peza importantísima nas letras e na cultura galega.
Coñecedes o poema de Rosalía de Castro titulado "Has de Cantar"? abofé que si!
"Has de cantar" é o primeiro dos poemas da obra "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro. É un libro que a escritora adica a outra escritora que escribía baixo o pseudónimo de "Fernán Caballero" ( o seu nome real era Cecilia Böhl de Faber y Ruiz de Larrea), e, pola que sentía unha grande estima.
Así empeza o libro "Cantares Gallegos":
Pero, que mellor xeito que ler a Rosalía de Castro, que cantándo a súa obra?
Gústanche os quebracabezas?
Anímate a facer o de Rosalía de Castro