09/02/2022

VIAXE A LETONIA - ITALIA - PORTUGAL

Esta semana, fixemos unha nova ruta. Unha ruta, non moi curta, pois, atravesamos unha importante parte de Europa: Dende Letonia, fomos cara Italia, e, dende Italia, aparecimos en Portugal.


A embaixadora de Letonia presentounos parte do importante patrimonio histórico do país que cada vez atrae a máis turistas,e, revelounos que , en Letonia hai moito gusto polo baile polo que celebran importantes festivais de diferentes modalidades musicais.


Fixádevos cantas cousas descubrimos sobre LETONIA!

De Letonia, marchamos cara ITALIA, o país que semella ter forma de bota. 

A súa embaixadora, abraiounos con toda a beleza que garda este país: é  a terra do Vaticano, das antigas ruinas romanas, e, por suposto, de obras de arte emblemáticas. É que Italia ten de todo para todos!
Admirade o traballo que nos deixou:


E, dende Italia, collemos rumbo cara PORTUGAL, país veciño ao noso e  ben coñecido polo seu embaixador, pois, viaxa con frecuencia a el.
Convidounos a comer un bo prato de ballao,e, lembrounos que ademáis das fermosas cidades que son de obriga visita como a súa capital, Lisboa, Portugal é a terra de  xente importante  tanto na literatura, como na música, e, por suposto, no mundo do deporte.


Se queredes descubrir máis cousas sobre Portugal, aquí tedes todo o que nos contou.


UNHA VIAXE MOI, MOI EMOCIONANTE!! 
XENIAL RAPACES!!

Cool Red Outer Glow Pointer