22/10/2025

ESCOLAS SEN VIOLENCIA

Hoxe, participamos nun obradoiro presentado pola Fundación Educativa e Social "Dignidade" baixo o título de  "ESCOLAS SEN VIOLENCIA".

Da man de Julián, o noso relator, reflexionamos e traballamos no xeito de aportar o noso gran de area na erradicación das conductas violentas no ámbito educativo, e, aprender a fomentar o bo trato nas aulas e tamén fóra delas.


18/10/2025

PREMIOS AO DEPORTE LUCENSE 2025

Dende hai semanas, estivemos pendentes das votacións dos premios "El Progreso" ao  deporte lucense 2025, apoiando ao noso compañeiro Iago, quen participaba na modalidade de squash.

Que ledicia cando soubemos  que resultara premiado!! 

MOITOS PARABÉNS, IAGO!!

Iago  recolle o premio da man de Alfonso Riveiro, director de "El Progreso"

E, moitas grazas por compartir connosco o teu galardón!!








16/10/2025

LUZ AO DEPORTE: JARNO POUSADA E ANTONIO SERRAT

Continuando coa programación de "Luz ao deporte" grazas á invitación da Fundación Breogán, seguimos a iluminar camiños de inspiración e aprendizaxe.

Hoxe, tócanos gozar da presenza dos triatletas Jarno Pousada e Antonio Serrat, quen compartirán con nós a súa experiencia e visión do deporte como ferramenta de superación e crecemento persoal.










Despois de asistir á  interesantísima entrevista dos dous triatletas, aproveitamos a mañá solleira de volta ao colexio. Fixemos unha parada musical inesperada... E, xa que foi unha xornada moi positiva de convivencia en grupo, que mellor xeito de rematala que cun anaquiño de tempo libre! 








30/09/2025

LAS POTENCIAS

Una potencia es un número que se obtiene como el resultado de multiplicar un número por sí mismo varias veces. Por ejemplo: 2 × 2 × 2 = 8.

Los elementos que componen una potencia son los siguientes:

El número que se multiplica por sí mismo varias veces es la base. En el ejemplo, la base es el 2.

La cantidad de veces que hay que multiplicar la base por sí misma es el exponente. En el ejemplo, el exponente es el 3.


Escucha y mira con atención el siguiente video sobre potencias.

.

¿Practicamos un poco?... ¡Adelante!

29/09/2025

LUZ AO DEPORTE: JAIME NAVA - CORAZÓN DE LEÓN

Este luns, tivemos a sorte de poder asistir á conferencia impartida por Jaime Nava, excapitán da selección española de rugby, que tivo lugar na Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo.

Trátase da cuarta edición do ciclo de charlas "Luz ao Deporte", organizadas pola Fundación Breogán co apoio do Goberno galego.

Na súa intervención, Jaime Nava convidounos a unha viaxe pola súa traxectoria como deportista profesional, como actor en varias series de televisión, e, sobre todo, lembrounos a aprendizaxe das bases en calquera deporte que  nos fai humanos.













28/09/2025

SEN RESPECTO NON HAI XOGO

O venres desprazámonos ao auditorio "Fuxan os Ventos" para asistir á   primeira edición da iniciativa promovida por Radio Lugo Cadena SER baixo o lema "Sen respecto non hai xogo".

O programa, dirixido pola xornalista Sara Meijide,  incluíu unha ampla variedade de propostas: xogos guiados por psicólogas, contacontos con Anxo Moure,  entrevistas con xogadores do Breogán, Ensino, Burela FS, CD Lugo e Castro FS... e, ata estivemos en antena para que todo o mundo  puidese escoitar o noso compromiso de construir unha sociedade máis xusta, inclusiva e respectuosa porque ... Sen respecto non hai xogo! 



















23/09/2025

OPERACIONES COMBINADAS DE NÚMEROS NATURALES

¿Qué pasos debo seguir para realizar las operaciones combinadas de números naturales?

Mirad atentamente el video que os dejo. Seguro que os quitaréis de dudas. ¡Vamos!

¡Qué no se te olvide! 


 

¿Practicamos las operaciones combinadas? ¡Adelante!

Operaciones combinadas, una ficha interactiva de Ana Elisa Gonzalez

19/09/2025

ELECCIÓN DE DELEGADOS/AS


Ser un bo delegado de clase, non é tarefa doada. Non é só alguén que leva a voz do grupo ante os profesores, senón tamén, un compañeiro que axuda a que a clase funcione mellor.

Significa contar con alguén que escoita, que busca solucións cando xorden problemas e que se preocupa porque todos nos sintamos incluídos. O seu papel é clave para manter un ambiente positivo, no que podamos aprender, traballar en equipo e gozar máis no día a día.

Ser delegado non é só un cargo, é unha oportunidade de medrar como líder, apoiar aos demais e demostrar que xuntos podemos lograr grandes cousas.

Dende a semana pasada, preparamos o proceso de elección de delegado/a.

Despois de coñecer realmente o que significa ser delegado/a, presentáronse as candidaturas. Houbo unha listaxe ampla de candidatos/as  que se presentaron á elección, dos que estou ben segura, que calquera deles/as o farían moi ben.

Constituímos a mesa electoral que estivo formada por Edurne Fernández, quen exerceu como presidenta, e Alicia Corral quen exerceu como secretaria (alumna maior e alumna máis nova, respectivamente).


Procedimos á votación

E despois de facer o reconto de votos, o resultado foi o seguinte:
Delegado 6ºA (curso 2025-26): Beltrán Domínguez
Subdelegada 6ºA (curso 2025-26): Carmen Vázquez


Moitos parabéns, Beltrán e Carmen!!

17/09/2025

HORARIO ESCOLAR

CURSO 2025-26

07/09/2025

CURSO 2025-26

Benvidos a todos/as!

Hoxe comezamos xuntos unha etapa moi especial! O derradeiro curso escolar no centro!

Temos por diante un ano cheo de aprendizaxes, desafíos, tomas de decisións, e, sobre todo, de crecemento. Cada esforzo, cada logro, cada tropezo, será parte dunha historia que sempre ides lembrar. 

Gocemos deste curso escolar con responsabilidade, paixón, e, sobre todo con corazón. Lembremos que todos/as somos pezas importantes deste puzzle!

Imos a por todas, 6ºA! O mellor está por chegar!!


Cool Red Outer Glow Pointer