A erupción dos volcáns dáse cando o magma quéntase, acumúlase e tende a ascender cara á superficie da Terra.
Unha erupción volcánica pode provocar numerosos dános materiais e humanos debido á expulsión de lava e á emisión de gases tóxicos.
Ademais, poden ter consecuencias como incendios, esvaramentos de terreos e tsunamis se se produce a erupción preto do mar.
Materiais que utilizamos:
Luvas para protexer as mans.
Vinagre
Colorante
Xabrón de lavar a louza
Bicarbonato de sodio
Recipientes para facer a mestura
E así saíu o noso experimento de hoxe:
- Un volcán tarda en formarse centos de anos; trátase dun proceso moi lento.
- Os volcáns pódense extinguir se pasa o tempo; arrefríanse e non volven estar activos, pero pode haber volcáns latentes que se atopan apagados, pero poderían entrar en erupción no futuro.
- A zona da Terra onde podemos atopar máis volcáns sitúase en Indonesia.
- As pedras volcánicas poden flotar e son as únicas no mundo que o fan. Trátase das "pedras pómez", que son grises e están cheas de buracos que se forman debido aos gases quentes que están presentes na lava.
- O volcán máis grande do mundo atópase en Haití e mide case 4.000 metros de altitude, o seu nome é Mauna Loa.
- O volcán máis alto é o Ollos do Salgado que mide case 7.000 metros e atópase entre Arxentina e Chile.
- Italia é o país de Europa con máis volcáns activos, ten catorce en total.
- Na Terra prodúcense entre 10 e 20 erupcións nun día.







.png)


















.jpeg)




