

1. ESCRIBIR: formato e aspecto do texto.
2. IMAXES, FORMAS e TÁBOAS: lapela INSERTAR4. ORIENTACIÓN DA PÁXINA e COLUMNAS: lapela DISPOSICIÓN
OUTROS ASPECTOS IMPORTANTES:
Cando presentamos un traballo debemos ter en conta que debe incluír:
➢ 1. Unha portada co título e cos nosos datos.
➢ 2. Un índice cos principais apartados e as páxinas nas que se atopan.
➢ 3. É preferible usar unha letra sinxela e clara (Arial, Times New Roman son recomendables) , cun tamaño entre 12 e 14 (nos títulos pode ser un pouco maior).
➢ 4. O texto debe estar xustificado (opción na lapela parágrafo).
A peseta foi a moeda de curso legal en España e os seus territorios de
ultramar desde a súa aprobación o 19 de outubro de 1868 ata o 28 de
febreiro de 2002, tras a introdución do euro.
Hoxe, na clase de CC Sociais puidemos observar e coñecer moedas anteriores ao euro.
Grazas á contribución de Iker, coñecimos de primeira man as antigas pesetas e os seus céntimos. Coñecimos francos franceses e algunha moeda máis que non fomos quen de identificar (mágoa) .
Pero sen dúbida, a moeda que máis nos sorprendeu, foi unha moeda de 5 céntimos que data de 1877, pertencente ao reinado de Alfonso XII.
Anverso da moeda de Alfonso XII, 1877
Iker amosounos a cada un de nós as moedas que trouxo
XENIAL IKER!!, 👏👏👏
MOITÍSIMAS GRAZAS, !!
Que sorte temos con ter alumnado que nos ensina tantísimas cousas! 💖
Que marabilla poder contar con alumnado tan voluntarioso e implicado!! 😍
Xenial Mencía!! 👏👏👏 Moitísimas grazas!!
Este tema que estamos a traballar na clase de CC Sociais, reforzouse grazas á magnífica exposición oral que, de xeito voluntario, nos presentou hoxe Marina baixo o título de : "SALVEMOS O PLANETA".
Falounos de aspectos moi, moi importantes a ter en conta para poder coidar o mundo en que vivimos.
Que sorte temos de poder contar con alumnado que se implique tanto no seu traballo,e así, poder aprender de todo o que nos achegades! Moitísimas grazas, e,... a seguir investigando!
Este ano, o día das Letras Galegas, está adicado á escritora Xela Arias Castaño.
Queres coñecer máis sobre a vida e a obra da escritora lucense? Mira este video:
LEVÁNTASE O TELÓN!
O venres pasado continuamos coa lectura da obra teatral: "Destino Lugo". Por uns minutos convertémonos no Mago Merlín, en Froilán, na Meiga Irimia, no VII Conde de Lemos, en Petouto, en Marta, en Tomás, en Lucía ... e percorremos a provincia de Lugo: dende a Mariña á Serra de Meira, dende o nacemento do río Miño ata a Ribeira Sacra, de aí imos cara aos Ancares e ao Caurel ... facendo unha viaxe chea de risas e aventuras.
Aproveitando o bo tempo, sacamos a escena ao patio e aí limos e dramatizamos esta obra de teatro (aínda non rematamos)... e, por sorte, ata saíu o sol un ratiño!