25/02/2021

DESCUBRINDO A HISTORIA

A función da historia é investigar e descubrir como vivían as persoas doutras épocas e cales foron os acontecementos máis relevantes, xunto coas súas causas e consecuencias.

Pero para coñecer ese pasado é preciso recompilar información de épocas anteriores. Iso é posible grazas ao achado de testemuñas e restos de calquera índole: son as fontes históricas.

Estas fontes enriquecéronse enormemente coa aparición da escritura a finais do IV milenio a.C. Considerouse un feito tan relevante que se empregou para dividir a evolución da humanidade en dous períodos: a Prehistoria e a Historia.

 
Hoxe, Lía, tróuxonos a clase un alfabeto exipcio. 

 

Este é un sistema de escritura baseado en xeroglíficos, polo tanto non se trata dun alfabeto tal e como o coñecemos hoxe en día, senón que se trata dun sistema que utiliza unha linguaxe ideográfico en combinación coa fonética.

 Moitas grazas Lía pola túa aportación! 😀

E, agora, queredes saber máis sobre a historia da escritura? Mirade con atención o video que vos deixo:

22/02/2021

EUROTOUR: ISLANDIA

Hoxe tivemos a visita do embaixador de Islandia que nos estivo a falar do seu marabilloso país. 

Sabedes que Islandia alberga máis glaciares, géiseres e auga doce que países que son 10 veces meirandes? 

Aínda que este país é membro de tratados e alianzas como a EFTA (Asociación Europea de Libre Comercio), Islandia non pertence á Unión Europea.

  Moitísimas grazas pola intervención. 

Foi un auténtico pracer poder aprender tantas cousas sobre Islandia. 

PARABÉNS!!

👏👏👏👏

18/02/2021

NOVOS EMBAIXADORES EUROPEOS

avion-imagen-animada-0080

A piques de rematar a nosa viaxe por Europa, seguimos a recibir aos novos embaixadores que chegan cargados de agasallos.

Dende os Países Baixos, chegounos un amplo "dossier" de información sobre esta zona de Europa que nos servíu para coñecer moitas cousas interesantes que descoñecíamos.

Dende os  Países Baixos, voamos a Polonia

O seu embaixador veu cargado de agasallos moi doces que nos axudaron a "degustar" a realidade deste país.


E dende Varsovia collimos outro voo cara Portugal.

A súa embaixadora, ademáis de contarnos moitas curiosidades,  amosounos algo moi tradicional de Portugal: O galo de Barcelos! que é quen de predicir que tempo vai facer. Seguro que consegue traernos un pouquiño de sol! 😊

Agradecidos quedamos con vós. Moitísimas grazas a tod@s pola vosa colaboración e aportación!! 

Sen dúbida, os ideais de unidade, solidariedade e armonía entre os pobos de Europa, queda patente con todas as vosas visitas.

PARABÉNS EMBAIXADOR@S!! 

👏 👏 👏

11/02/2021

O NOSO ENTROIDO


Se en algo se fai sentir a situación que estamos a vivir, é, sen dúbida, na falla de festexos. Vivir un entroido sen algarabía, sen boureos, sen risas, sen música, sen bailes... non é doado; pero tampouco é imposible...

Botemos man da nosa imaxinación, organicémonos, e, cunha pequena dose de  interese e ledicia, xa o temos! 

ESTE É O NOSO ENTROIDO

Desexamos que sexa do voso agrado! Disfrutádeo! 

... "Que la vida es un carnaval
Y las penas se van cantando" ... 😉


Celebraciones - GIFMANIA

06/02/2021

ENTROIDO


 

 

Achegámonos nestas datas ao ENTROIDO!! , festa moi popular na nosa comunidade. 

Calquera pode disfrutar desta festa, agora ben, requírese unha cousa: hai que vir disfrazado. Acudir a unha festa sen traxe de entroido, é un pouco arriscado, sobre todo na provincia de Ourense. Sabías que se non o fas, corres o perigo (segundo a tradición da zona) de levar uns porrazos, que che cubran de fariña ou de formigas?

Pero, que máis sabedes sobre o entroido? Ide quentando motores para todo o que imos aprender esta semana. 

A ver se sodes quen de completar o rosco que vos deixo! (podedes pedir axuda na casa 😉).


02/02/2021

EUROTOUR

Dibujos de Aviones - GIFMANIA

Dende a pasada semana, empezaron a chegar os embaixadores de diferentes países de Europa: Austria, Bélxica, Dinamarca, Francia, Suiza, Mónaco, Malta ... que nos traen moitísima información dos mesmos e grazas aos que estamos a aprender moitas curiosidades, como:  

➤ Cal é a bandeira máis antiga do mundo?

Cal é o país con menor índice de criminalidade?

Cal é a illa máis pequena de Malta?

En que país poderemos pedir un suculento plato de caracois?

Quen compuxo o himno da Unión Europea ?

... e moitas outras máis!

Encantados estamos de recibilos e escoitalos mentres amosan os "souvenires" que  nos traen.

O embaixador de Alemania dando a conferencia sobre o seu país. Tróuxonos o traxe típico e explicounos de que partes está composto.



A embaixadora de Italia chegou cargadísima de material sobre o seu país: fotos, imáns, o plano do "Coliseo de Roma"..., e, ata a súa bandeira! da que nos explicou entre outras moitas cousas máis, o significado das súas cores.




O embaixador de Francia, ademáis de darnos unha excelente conferencia,  explicounos as maravillas que  envolven o seu país cun tríptico moi ben elaborado.




Agradecemos enormemente todas as visitas que estamos a ter. 👌 Sen dúbida, o mellor xeito de coñecer a xeografía europea (e a de calqueroutro continente) é ...VIAXANDO!, e, o noso "EUROTOUR", está sendo unha viaxe moi, pero que moi ben aproveitada.

Seguimos a completar o noso pasaporte!! 😀


Cool Red Outer Glow Pointer