Achegámonos nestas datas ao ENTROIDO!! , festa moi popular na nosa comunidade.
Calquera pode disfrutar desta festa, agora ben, requírese unha cousa: hai que vir disfrazado. Acudir a unha festa sen traxe de entroido, é un pouco arriscado, sobre todo na provincia de Ourense. Sabías que se non o fas, corres o perigo (segundo a tradición da zona) de levar uns porrazos, que che cubran de fariña ou de formigas?
Pero, que máis sabedes sobre o entroido? Ide quentando motores para todo o que imos aprender esta semana.
A ver se sodes quen de completar o rosco que vos deixo! (podedes pedir axuda na casa 😉).