Dende a pasada semana, empezaron a chegar os embaixadores de diferentes países de Europa: Austria, Bélxica, Dinamarca, Francia, Suiza, Mónaco, Malta ... que nos traen moitísima información dos mesmos e grazas aos que estamos a aprender moitas curiosidades, como:
➤ Cal é a bandeira máis antiga do mundo?
➤ Cal é o país con menor índice de criminalidade?
➤ Cal é a illa máis pequena de Malta?
➤ En que país poderemos pedir un suculento plato de caracois?
➤ Quen compuxo o himno da Unión Europea ?
... e moitas outras máis!
Encantados estamos de recibilos e escoitalos mentres amosan os "souvenires" que nos traen.
O embaixador de Alemania dando a conferencia sobre o seu país. Tróuxonos o traxe típico e explicounos de que partes está composto.
A embaixadora de Italia chegou cargadísima de material sobre o seu país: fotos, imáns, o plano do "Coliseo de Roma"..., e, ata a súa bandeira! da que nos explicou entre outras moitas cousas máis, o significado das súas cores.
Seguimos a completar o noso pasaporte!! 😀