25/02/2021

DESCUBRINDO A HISTORIA

A función da historia é investigar e descubrir como vivían as persoas doutras épocas e cales foron os acontecementos máis relevantes, xunto coas súas causas e consecuencias.

Pero para coñecer ese pasado é preciso recompilar información de épocas anteriores. Iso é posible grazas ao achado de testemuñas e restos de calquera índole: son as fontes históricas.

Estas fontes enriquecéronse enormemente coa aparición da escritura a finais do IV milenio a.C. Considerouse un feito tan relevante que se empregou para dividir a evolución da humanidade en dous períodos: a Prehistoria e a Historia.

 
Hoxe, Lía, tróuxonos a clase un alfabeto exipcio. 

 

Este é un sistema de escritura baseado en xeroglíficos, polo tanto non se trata dun alfabeto tal e como o coñecemos hoxe en día, senón que se trata dun sistema que utiliza unha linguaxe ideográfico en combinación coa fonética.

 Moitas grazas Lía pola túa aportación! 😀

E, agora, queredes saber máis sobre a historia da escritura? Mirade con atención o video que vos deixo:

Cool Red Outer Glow Pointer