A piques de rematar a nosa viaxe por Europa, seguimos a recibir aos novos embaixadores que chegan cargados de agasallos.
Dende os Países Baixos, chegounos un amplo "dossier" de información sobre esta zona de Europa que nos servíu para coñecer moitas cousas interesantes que descoñecíamos.
Dende os Países Baixos, voamos a Polonia.
O seu embaixador veu cargado de agasallos moi doces que nos axudaron a "degustar" a realidade deste país.
E dende Varsovia collimos outro voo cara Portugal.
A súa embaixadora, ademáis de contarnos moitas curiosidades, amosounos algo moi tradicional de Portugal: O galo de Barcelos! que é quen de predicir que tempo vai facer. Seguro que consegue traernos un pouquiño de sol! 😊
Agradecidos quedamos con vós. Moitísimas grazas a tod@s pola vosa colaboración e aportación!!
Sen dúbida, os ideais de unidade, solidariedade e armonía entre os pobos de Europa, queda patente con todas as vosas visitas.
PARABÉNS EMBAIXADOR@S!!
👏 👏 👏