21/12/2022
NADAL 2022
OBRADOIRO DE PREVENCIÓN DE ADICCIÓNS COMPORTAMENTAIS
Durante esta semana, recibimos na nosa aula a Iván Pico, psicólogo, co que tivemos a sorte de traballar nos obradoiros sobre prevención de diferentes adiccións comportamentais, organizados polo Concello de Lugo.
17/12/2022
XERMINACIÓN DAS SEMENTES
As fabas, o mesmo que o resto das legumes, son sementes. Dende o mes pasado, levamos adiante o experimento de sementar fabas e lentellas en diferentes condicións de humidade.
Así foi:
1º.- Preparamos os recipentes onde colocar as sementes en algodón mollado (Cadaquén decorou o seu).
2.- Unha vez que as sementes sacaron raíz, plantámolas
3.- Algunhas das sementes houbo que cambialas, pois, por exceso de humidade, pudriron.
4.- Co coidado diario de manter a maceta co substrato húmido e preto da luz, conseguimos ter unhas plantas ben bonitas, non si?
14/12/2022
ERUPCIÓN DO VOLCÁN
A erupción dos volcáns dáse cando o magma quéntase, acumúlase e tende a ascender cara á superficie da Terra.
Unha erupción volcánica pode provocar numerosos dános materiais e humanos debido á expulsión de lava e á emisión de gases tóxicos.
Ademais, poden ter consecuencias como incendios, esvaramentos de terreos e tsunamis se se produce a erupción preto do mar.
Materiais que utilizamos:
Luvas para protexer as mans.
Vinagre
Colorante
Xabrón de lavar a louza
Bicarbonato de sodio
Recipientes para facer a mestura
E así saíu o noso experimento de hoxe:
- Un volcán tarda en formarse centos de anos; trátase dun proceso moi lento.
- Os volcáns pódense extinguir se pasa o tempo; arrefríanse e non volven estar activos, pero pode haber volcáns latentes que se atopan apagados, pero poderían entrar en erupción no futuro.
- A zona da Terra onde podemos atopar máis volcáns sitúase en Indonesia.
- As pedras volcánicas poden flotar e son as únicas no mundo que o fan. Trátase das "pedras pómez", que son grises e están cheas de buracos que se forman debido aos gases quentes que están presentes na lava.
- O volcán máis grande do mundo atópase en Haití e mide case 4.000 metros de altitude, o seu nome é Mauna Loa.
- O volcán máis alto é o Ollos do Salgado que mide case 7.000 metros e atópase entre Arxentina e Chile.
- Italia é o país de Europa con máis volcáns activos, ten catorce en total.
- Na Terra prodúcense entre 10 e 20 erupcións nun día.
29/11/2022
TRABALLANDO EN EQUIPO
21/11/2022
25 DE NOVEMBRO DE 2022
O Día Internacional da eliminación da Violencia contra a Muller, conmemórase cada ano o día 25 de Novembro para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar en todos os países a súa erradicación.
14/11/2022
LOS NÚMEROS DECIMALES
Un número decimal es un número no entero, compuesto por una parte entera y una parte decimal, que usamos cuando queremos representar números que son más pequeños que la unidad.
liveworksheets.com
26/10/2022
SAMAÍN NA CLASE DE 5ºA
Dende a semana pasada, a nosa aula empezou a cambiar: caveiras, esqueletos, cabazas ... apareceron polos taboleiros, porta e outros recunchos da clase.
Aryán, foi o primeiro en axudar a crear o ambiente axeitado, compartindo con nós, unha manualidade "terrorificamente bonita" que está a decorar a biblioteca da aula.
Moitas grazas, Aryán!!!
18/10/2022
SAMAÍN 2022
O SAMAÍN forma parte da tradición máis enraizada e enxebre da nosa terra.
Esta celebración milenaria ten lugar cada ano, durante a noite que vai do 31 de outubro ao 1 de novembro, nunha desas datas nas que se conta que é máis doado transitar entre dous mundos: o mundo dos vivos e o mundo dos mortos.
Pero, cal é a orixe desta conmemoración? Botade unha ollada á información que vos deixo. Seguro que aprenderedes cousas ben curiosas sobre o SAMAÍN!
O SISTEMA SOLAR
O universo é un lugar enorme. As súas dimensións son tan grandes que incluso resultan difíciles de imaxinar para os astrónomos máis experimentados.
Trátase dun lugar cheo de estrelas, galaxias, planetas, lúas, asteroides ... e outros moitos tipos de elementos astronónimos. Nembargantes, no medio de toda esta inmensidade cósmica, existe un lugar, un pequeno recuncho do universo que podemos considerar o noso fogar; o berce no que todo empezou para a nosa especie. Este lugar recibe o nome de SISTEMA SOLAR.
Mira e escoita con atención o seguinte video:
15/10/2022
DELEGADOS CURSO 2022-23
Saíron nomeados por maioría de votos:
DELEGADO 5º A: Izan Alvarellos Cambeiro
SUBDELEGADO 5º A: Aitor Bruzos Alonso
Parabéns Izan e Aitor!