06/03/2024

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2024

 

 
Dende 1975, o día 8 de marzo, foi declarado polas  Nacións Unidas, como data  oficial para conmemorar o Día Internacional da Muller.
Millóns de persoas en todo o mundo lembramos esta data para conmemorar a loita que libramos as mulleres dende hai anos pola igualdade dos dereitos.


Este curso, achegámonos a Lola, Amparo e Xulia, coñecidas como "As irmás Touza".
Estas  tres mulleres galegas de Ribadavia, na provincia de Ourense,   axudaron a máis de 500 xudeus que fuxían do holocausto durante a 2ª Guerra Mundial, para emprender camiño á esperanza, ofrecéndolles un escondite no pequeno quiosco que rexentaban antes de partir cara Portugal. 
Eran solidarias por natureza e non só cos xudeus, senón tamén cos presos da Guerra Civil, aos que daban comida a través dos barrotes do cárcere.
Sen dúbida, unha historia de solidariedade e valentía que recoñece os valores destas mulleres.




Cool Red Outer Glow Pointer