25/03/2024

VISITA AO "ANXO CARRO"

Convidados polo CD Lugo, desprazámonos ao Estadio "Anxo Carro" para pasar unha xornada ben divertida e amena, sobre todo, despois dunha semana intensa de exames.
Ao longo da mañá, puidemos coñecer como son as instalacións do Estadio, estivemos acompañando e animando aos xogadores no seu entrenamento, conseguimos sinaturas de todos eles, botamos unhas risas coa mascota do equipo, Nabic, e, por riba,  algún dos nosos, conseguíu bufanda ou  balón de regalo.
Sen dúbida, unha xornada ben aproveitada!
Achegamos o noso agradecemento ao CD Lugo pola súa invitación. MOITAS GRAZAS!


























Cool Red Outer Glow Pointer