Rematamos o noso periplo por Europa cunha ruta ben xeitosa! De Bélxica voamos a Francia; a continuación viaxamos a Italia e rematamos en Ucraína.
A embaixadora de Bélxica, Angie, convidounos a visitar a sede das Institucións Europeas e da OTAN.
Falounos do Castelo dos Condes de Flandes, en Gante, da cidade de Brujas, e como non, do seu icónico "Atomium" e a figura de Victor Hugo, escritor de poesía, novelas e obras de teatro.
Por certo, sabíades que Bélxica é a capital de Europa que máis sabe a cervexa e chocolate?
De Bélxica, pasamos a Francia, un país dos máis visitados do mundo.
O seu embaixador, Juan, falounos das maravillas que podemos visitar no país do río Sena: Os Campos Elíseos, O arco do Triunfo, a Torre Eiffel, e por suposto, achegarnos ao mundo do arte no Museo do Louvre.
Falounos da capital de Francia, París, como a "cidade do amor ou da luz" e recomendounos visitar, "o mundo da fantasía" que tanto gusta a pequenos e a tamén a maiores, que podemos atopar no parque temático situado a poucos quilómetros.
De Francia, trasladámonos a Italia da man de Gala, a súa embaixadora; país coñecido pola súa arte, cultura e numerosísimos monumentos.
A quen non lle presta pasear polas rúas da súa capital, Roma? Explicounos o misterio da "torcedura" da Torre de Pisa, e, convidounos como non, a visitar unha das fontes máis fermosas, a Fontana de Trevi, coñecer o mundo dos gladiadores romanos no "Coliseo" sen olvidarnos de achegarnos á cidade de Venecia para pasear en góndola ou permitirnos algún capricho na cidade de Milán, non sen antes, degustar un bo prato de pasta ou unha apetitosa pizza italiana, cun bo xeado de postre.
De Italia, viaxamos a Ucraína, país que por desgraza está a padecer un dos conflictos bélicos máis terribles deste século.
O seu embaixador, Rubén, quixo deixarnos un bo sabor de boca e, por iso, centrouse nos momentos de explendor e de paz deste país.
Ucraína, é un país rico en recursos naturais, especialmente minerais e tamén todo tipo de cereais.
Falounos da beleza dos seus monumentos: a Catedral de Santa Sofía, a Estatua da Nai Patria ou o Mosteiro das Covas, en Kiev, a súa capital.
Contounos que o xirasol é a flor do seu país, símbolo do poder do sol.
Rematamos esta xornada achegándolle ao embaixador ucraíno os nosos desexos de que o sol volva brillar no corazón de todos/as ucraín@s. Oxalá!
ANGIE, JUAN, GALA E RUBI,
MOITOS PARABÉNS!!
Con esta xornada, damos por rematado o noso proxecto de "Viaxeiros por Europa". Foi unha etapa de moito coñecemento tanto a nivel xeográfico, como cultural, en todos os sentidos. O noso "pasaporte" está cheo de experiencias.
Sen dúbida, moi bos compañeros/as de viaxe!!!
PARABÉNS, 6ºA!!
... e así completamos a nosa viaxe!