17/03/2024

VIAXEIROS POR EUROPA: RUMANÍA - LITUANIA - CROACIA - POLONIA - ESLOVENIA

Vaia percorrido o desta semana! Subimos e baixamos (do sur ao norte) Europa varias veces coñecendo 5 países máis, pertencentes á Unión Europea.


O primeiro en chegar foi Roger, embaixador do país coñecido polos bosques de Transilvania e asociado ao lugar natal da lenda do Conde Drácula: Rumanía.

O embaixador de Rumanía convidounos  a visitar o imponente edificio do "Palacio do Parlamento", considerado o edificio civil máis grande do mundo.
Quen se atreve a facer unha visita nocturna polo "Castelo de Bran"? Neste castelo, situado no alto dunha roca, é o lugar onde naceu "Vlad Tepes", o personaxe real que inspirou ao Conde Drácula.

Sabíades que en Rumanía teñen moeda propia? O Leu; aínda que en certos lugares, como os grandes hoteis da capital, Bucarest, aceptan o pago en euros. Pero se hai unha curiosidade grande, que nos contou Roger,  é que neste país, e  dende hai máis de 3500 anos, existe o segundo glaciar subterráneo máis importante de Europa.

De Rumanía subimos a Lituania, coñecida pola súa capital, Vilna, cidade antiga medieval.



A embaixadora de Lituania, Nicole, convidounos a visitar a "Colina das cruces", cuxos oríxenes todavía agora é un misterio, pero hoxe en día, a colina que acolle máis de 100.000 crucifixos, está considerada un símbolo de fe e esperanza para Lituania.

Recomendounos comer unha boa sopa a base de remolacha, e como non, asistir a calquera dos festivais musicais que celebran en Lituania: o Festival do Mar, a Noite do Rock, e todo tipo de festival de baile e música tradicional.

De Lituania baixamos a Croacia, país cunha larga costa no mar Adriático.


Sabela, a embaixadora de Croacia, explicounos o significado do seu escudo que remata nunha pequena cenefa de cinco pequenos escudos de armas que representan ás cinco provincias que forman o país: Zagreb, Dubrovnik, Dalmacia, Istria e Eslavonia.

Sabíades que Croacia é o fogar da que foi a cidade máis pequena do mundo? "Hum". Esta cidade entrou no Libro Guinnes dos records por ser a población de só 17 persoas.

Foi tamén neste país, onde se rodou esceas de filmes e series coñecidas a nivel mundial como "Xogo de Tronos", "Star Wars"ou "Mamma Mía". 

Vaia sorpresa levamos cando a embaixadora comentou que dende Croacia traíanos un agasallo: o nome de cada compañeiro "feito artesanalmente" coas cores da súa bandeira. Precioso!!

Moitas grazas, Sabela!


De Croacia, viaxamos a Polonia!  
Se alguén coñece ben este país, é o seu embaixador,  Tito.



Por suposto, falounos en Polaco, aínda que temos que recoñecer que non o entendimos moito, pero, gustounos moitísimo escoitalo.
Presentounos o seu país, como o berce de personaxes tan importantes como Marie Curie, Chopin e Copérnico, entre outros.
Convidounos a  facer un percorrido polo laberinto subterráneo da "Mina de Sal de Wieliczka", a poucos Kilómetros de Cracovia, e comentounos que cando a visitou sendo máis pequeno, tivo a tentación de pasar a lingua polas súas paredes para probar o sabor a sal (algo que está permitido).
Agasallounos cunhas fotografías do Casa do Concello de Wroclaw, a súa cidade de procedencia.
Moitas grazas, Tito!


Por certo, sabíades que cando paseas por esta cidade non podes parar de baixar a vista para "saudar" aos diminutos e multitudinarios gnomos que podes atopar?

E xa para rematar, a interesantísima xornada de hoxe, de Polonia puxemos rumbo a Eslovenia.
O seu embaixador, Samuel, fíxonos unha viaxe virtual polo seu país que  nos deixou coa boca aberta!


Máis da metade do territorio desde maravilloso país está copado de bosques, cascadas e pequenos parques naturais, polo que se o tiveramos que describir cunha soa palabra, sen dúbida, o adxectivo utilizado sería "verde".
Samu, recomendounos visitar o "Parque Nacional Triglav" e practicar todo tipo de deporte ao aire libre, así como, relaxarnos nos seus centros termais e balnearios, sen esquecer a visita a súa capital, Liubliana, cidade medieval que conta con historias de cabaleiros e princesas nos seus castelos e palacios de contos.
Sabíades que na "Illa de Bled" teñen a tradición de que para gozar dun matrimonio feliz e duradero, o noivo deberá subír os 99 escalóns que levan á illa coa noiva en brazos? Tamén se queres pernoctar nunha cárcere, hai un hotel  que é unha antiga prisión do exército onde arranxaron cómodas celdas para os posibles hóspedes!
Curiosidades sorprendentes que atopamos polo mundo adiante!
Vaia ruta máis bonita fixemos!

Roger, Nicole, Sabela, Ernesto, Samuel
Moitos, moitos parabéns!!
Cool Red Outer Glow Pointer