11/03/2024

VIAXEIROS POR EUROPA: INGLATERRA - AUSTRIA - PORTUGAL

O percorrido de hoxe, é ben interesante! Dende terras inglesas cruzamos o Mar do Norte para chegar ao país dos grandes compositores musicais, Austria, e dende alí, partimos cara Portugal, o noso país veciño.


A embaixadora de Inglaterra, falounos da pertenza do seu país ás Illas Británicas xunto con Escocia e Gales, e da cruz de "San Xurxo" que está presente na súa bandeira.
Quen no coñece a "Shakespeare" ou aos "Beatles"?
Convidounos a visitar o Big Ben, Tower Bridge ou o Stonehenge, construcción  con máis de 5.000 anos de antigüedade , creado segundo as teorías máis antigas, como lugar de culto.
E despois de coñecer ben a cidade, convidounos a papar un bo prato de "fish and chips" (peixe con patacas fritidas), e por suposto, antes das 17:00h, facer unha parada para gozar do "Tea time". 


Mara lembrounos que se queremos conducir un coche por Inglaterra, debemos ir pola esquerda!
Sabíades que polos séculos XII e XIII, o francés chegou a ser o idioma oficial de Inglaterra? Curioso, verdade?
De Inglaterra viaxamos a Austria, país de fala alemá do centro de Europa.
Malak, a súa embaixadora, falounos da pertenza de Austria á Unión Europea. 
Austria é o país de Mozart, Strauss, Hydn ... famosos compositores que fan de Austria un centro importante para o desenvolvemento cultural.
Non podemos deixar Austria se non visitamos antes a súa capital, Viena, paseamos arredor do Río Danubio, e facemos unha parada no Palacio de Schonbrunn. 


De Austria, viaxamos a Portugal. De man do seu embaixador, coñecimos lugares tan fermosos como  Oporto, onde podemos meternos no mundo de Harry Potter través da súa "Librería Lello", subir ao santuario do "Bom Xesús", na cidade de Braga,  ir a súa capital, Lisboa, e visitar a Torre de Belem.  
A poucos kilómetros de Lisboa, recomendounos a cidade  na que poderemos "subir" (ou baixar?) os nove pisos baixo terra da Torre Invertida que leva o seu nome: Sintra.
Aryán convidounos a degustar un bo bacallao en terras portuguesas, e como non, lembrounos a Cristiano Ronaldo, futbolista de fama mundial, oriúndo de Portugal.



MARA, MALAK E ARYÁN, MOITOS PARABÉNS!!


Cool Red Outer Glow Pointer